Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación de servicios técnicos para a edición facsimilar dun libro de artes de pesca de España e as súas posesións.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios técnicos.

Descrición do obxecto: traballos de preimpresión e impresión da publicación facsimilar dun diccionario de artes de pesca de España e as súas posesións para a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Exercicio corrente (1999): 5.000.000 de ptas.

Exercicio futuro (imputación ó ano 2000): 5.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 200.000 ptas.

Definitiva: 400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Na dirección xeral de Formación Pesqueira e Investigación situada na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15771 Santiago de Compostela (teléfono: 981 54 61 44, fax: 981 54 61 38 ); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se precisa.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo e na forma prevista polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas e exposición de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na sala de xuntas da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do sexto día, a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos do anuncio.

O importe polos gastos do anuncio, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación