Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia a adxudicación do contrato de obras de construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do centro de educación especial Santiago Apóstolo.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda dar publicidade á adxudicación do contrato de obras nos seguintes termos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do centro de educación especial Santiago Apóstolo.

b) Data publicación: DOG nº 141 do día 23-7-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: setecentos trinta e nove millóns corenta e seis mil oitocentas setenta e catro pesetas (739.046.874 ptas., 4.441.761,17 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 15-9-1999.

b) Contratista: Construcciones Paraño, S.A. (COPASA).

c) Importe adxudicación: 624.270.000 ptas., (3.751.938,26 euros).

d) Prazo de execución: 420 días.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais