Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios de consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun informe sobre a flota pesqueira galega de cerco

División por lotes e número: non existen lotes.

Ámbito de realización: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata, como máximo, o día 30 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.) (39.065,79 euros).

5. Garantías.

Provisional: cento trinta mil pesetas (130.000 ptas.) (781,32 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na dirección xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04, fax nº 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día 3 de novembro de 1999.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados