Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/46-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., rúa Dous de Maio.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 680 metros de lonxitude en conductor tipo R.H.V.-12/20 kV con orixe na L.M.T. do C.T. polígono I e remate na L.M.T. ó C.T. polígono II. C.T. compacto en baixo de r/ Dous de Maio con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. proxectado con 75 metros en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea do C.T. proxectado con 410 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 14 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense