Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de efectos ambientais das instalacións eléctricas que se citan, que modifica a Resolución do 23 de marzo de 1999 e queda establecida nos termos que se transcriben. (Expediente 14/1998).

Para os efectos previstos pola Lei 54/1997 e decretos 2617/1968, 2619/1966, da Administración central, así como da Lei 10/1995 e decretos 442/1990 e 205/1995, da Administración autonómica, sométese a información pública para a autorización administrativa, para a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa e imposición de servidume de paso sobre os bens e dereitos que afectan para a aprobación do proxecto de execución, para a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e para a declaración de efectos ambientais, as instalacións eléctricas que se citan:

-Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

-Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, en Santiago de Compostela.

-Denominación: parque eólico de Monte Treito.

-Concellos afectados: Lousame, Dodro, Rois e Rianxo.

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 30,36 MW.

-Coordenadas:

V(x=516.000, y=4.735.800)

V(x=517.700, y=4.735.800)

V(x=517.196, y=4.734.001)

V(x=519.500, y=4.733.567)

V(x=520.300, y=4.734.700)

V(x=521.800, y=4.734.700)

V(x=520.500, y=4.731.000)

V(x=518.700, y=4.731.700)

V(x=517.944, y=4.730.500)

V(x=515.366, y=4.730.500)

V(x=516.300, y=4.732.600)

V(x=515.400, y=4.733.200)

-46 aeroxeradores, Mod. Gamesa Eólica G-47, de 660 kV/u, montados sobre torres metálicas troncocónicas de 45 m de altura e rotores de 3 pas de 23 m de radio.

-46 transformadores, sitos no interior das torres de 775 kVA/u, e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV que discorre, en xeral, paralela ás vías con conductor R.H.V 15/20 kV de 3(1x204) mm Al, interconectando transformadores con subestación eléctrica.

-Subestación eléctrica a 20/66 kV, con transformador de 35 MVA e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA a 20/0, 380-0,220 kV.

-Aparellos para telemando, telecontrol, protección e sinalización para as instalacións a 66 kV e 20 kV da subestación.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares, dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares dos dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Monelos s/n, A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte á derradeira publicación desta resolución.

Así mesmo, o estudio do impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico do Monte Treito poderanse examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña e concellos de Lousame, Dodro, Rois e Rianxo, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo antes sinalado.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou ignorarse o lugar da notificación, e así dirixiranse ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade con artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 30 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Relacións de bens e dereitos afectados

parque eólico Monte Treito

Nome e apelidosEnderezoSup. afectada

de vías (SE)

Sup. afectada

Aerog. Plataf. (SE)

Sup. afectada

gabia (SE)

Sup. afectada

de voo das pas (LD)

Sup. de

protección

eólica (OT e LD)

Termo

municipal

Asociación de veciños de Vilar

de Reconco.

Pte. Manuel Castro Villar

Vilar de Reconco,

Vilacova

14212 Lousame

4.980 m1.200 m622.5 m1.204 m52.400 mLousame

CMVMC de Xestoso. Resolución

do Xurado Provincial 22-10-1976.

José Manuel Rial Castelo

Xestoso nº 3, Vilacova

15212 Lousame

14.300 m2.400 m1.798 m5.408 m88.400 mLousame

CMVMC de Aldarís. Resolución

do Xurado Provincial 27-2-1978.

Pte. Julio Pan Rodríguez

Aldarís nº 4, Fruíme

15215 Lousame

38.900 m5.400 m4.869 m8.563 m208.500 mLousame

CMVMC de Froxán. Resolución

do Xurado Provincial 4-3-1977

Pte. José Cao Regueira

Froxán nº 5, Vilacova

15215 Lousame

6.876 m1.200 m859 m1.426 m46.100 mLousame

CMVMC de Vilas. Resolución

do Xurado Provincial 26-5-1976

Pte. José Antonio Castaño Roo

Vilas nº 2, Fruíme

15215 Lousame

7.500 m0 m1.405 m0 m0 mLousame

CMVMC de Bursó. Resolución

do Xurado Provincial 26-3-1976

Emilio Iglesias Soñora

Bursó nº 1, Fruíme

12215 Lousame

19.500 m3.000 m2.449 m4.922 m83.200 mLousame

CMVMC da Escabia. Resolución

do Xurado Provincial 20-2-1976

Pte. José Crespón Novo

Escabia nº 5, Fruíme

15215 Lousame

1.656 m0 m207 m0 m10.900 mLousame

CMVMC das Arribas. Resolución

do Xurado Provincial 30-4-1976

Pte. Faustino Castaño Vidal

As Arribas nº 8, Fruíme

15215 Lousame

3.180 m1.200 m397 m1.864 m22.600 mLousame

CMVMC Cerqueiras, Vilar e

Campelo. Resolución do Xurado

Provincial 8-10-1979

Pte. Gumersindo Iglesias Soñora

Cerqueiras, 00, Araño

15984 Rianxo

21.600 m1.800 m2.707 m2.736 m193.900 mRianxo

CMVMC Cruz do Avelán. Resolución

do Xurado Provincial 19-12-1997

Pte. José Ramón Janeiro Gil

Bexo nº 195,

S. Xoán de Laíño

15982 Dodro

13.100 m3.000 m1.644 m4.640 m76.400 mDodro

Asociación de veciños de Espiñeira

Pte. Daniel Rodríguez Bustelo

Espiñeira, 00, Buxán

15911 Rois

17.400 m2.400 m2.182 m4.819 m63.600 mRois

Asociación de veciños de Buxán

Pte. Eleuterio Bustelo Reboira

Buxán, 00

15911 Rois

4.200 m600 m525 m2.037 m22.300 mRois

CMVMC de Cernán. Resolución

do Xurado Provincial 26-4-1982

Pte. José Rodríguez Lorenzo

Cernán, 00, Augasantas

15913 Rois

8.967,24 m1.800 m786 m3.048 m28.700 mRois

Asociación de veciños de Picadizo

e Peracova. Pte. Juan Lorenzo Franco

Peracova, 00, Buxán

15911 Rois

13.200 m1.800 m1.656 m2.132 m46.500 mRois

CMVMC de Fufelo. Resolución

do Xurado Provincial 9-7-1976

Pte. Manuel Muíño Rodríguez

Fufelo, 00, Buxán

15911 Rois

9.440 m1.800 m1.180 m2.527 m48.100 mRois

CMVMC de Cernán. ResoluciónCernán, 00, Augasantas Superficie afectada subestación 4.964 m

do Xurado Provincial 26-4-198215913 Rois

Pte. José Rodríguez Lorenzo