Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/45-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bouzas.

Situación: Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 340 metros de lonxitude en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 95 da L.M.T. Castrelo-Barbadás e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Bouzas. R.B.T. aérea do C.T. de Bouzas con 455 metros en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do

20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 14 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense