Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.306

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 11 de outubro de 1999 pola que se modifica a do 13 de agosto de 1999 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 1999-2000.

Advertidos erros materiais e conceptuais na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de agosto de 1999, cómpre face-las oportunas rectificacións, para o cal

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Corrixir no artigo 18º.2 Caza maior (páxina 10.564), que onde di: «f)», deberá dicir: «b)», e onde di: «g)», deberá dicir: «c)».

Artigo 2º.-No artigo 8º.4. (páxina 10.560) ó final do parágrafo, deberase engadir: «Sen embargo nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra e só nos coutos de caza maior ou de menor con aproveitamento complementario de caza maior autorizado para a especie xabaril, poderase portar bala dentro do período hábil establecido con carácter xeral, en previsión de que se lle poida disparar a esta especie».

Artigo 3º.-No artigo 13º.-Métodos e modalidades de caza. (páxina 10.562) deberase engadi-lo punto: «9. Defínense as modalidades de caza de gancho e montería do seguinte xeito:

Gancho: lance cinexético colectivo cun mínimo de dez e un máximo de trinta cazadores en postos que poden variarse durante o lance; acompañados dun máximo de trinta cans en dous grupos como máximo; os cans poden ir na compaña de cazadores. Montería: diferénciase do gancho en que os postos son sempre fixos, os cans poden ir en grupos de ata 22 cans; as persoas que dirixen os cans deben ir desarmadas e pode haber batedores desarmados».

Artigo 4º.-No artigo 18º.2 Caza maior: b) (páxina 10.564) no parágrafo terceiro, onde di: «..., poderá cazarse na modalidade de gancho ou montería...», deberá dicir: «..., poderá cazarse:

b.1) Na modalidade de gancho ou montería, autorizada segundo o establecido no artigo 13º desta orde, os xoves, sábados, domingos e festivos, entre o 5 de setembro de 1999 e o 6 de xaneiro do 2000.

b.2) Durante a celebración de todo tipo de cacerías desde o 17 de outubro de 1999 ata o 6 de xaneiro de 2000, os xoves, domingos e festivos, pero non os sábados, nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, e baixo a responsabilidade da sociedade titular do couto, que terá que lle comunicar ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural os resultados das pezas abatidas desta especie nun prazo máximo de 15 días despois de rematado o período hábil.».

Artigo 5º.-No artigo 19º.3 Ourense (páxina 10.567) deberanse engadi-las letras:

«l) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que comprenden o monte veciñal en man común San Mamede e Ferradura, dos veciños de Riobó, desde a confluencia do regato de Quintela co río Arnoia, en liña recta ata o alto de Paradiña, no termo municipal de Vilar de Barrio.

m) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que comprenden o monte veciñal en man común de Lomba, Candás e Rebordiño, dos veciños de Arruás, no termo municipal de Vilar de Barrio.

n) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que comprenden os montes veciñais en man común de San Mamede de Prado e Candás, da parroquia de Prado, no termo municipal de Vilar de Barrio.

ñ) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos particulares de Riobó, Arruás e Prado, no termo municipal de Vilar de Barrio».

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente