Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.306

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999 pola que se inscribe a Fundación Jacobea de las Américas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Fundación Jacobea de las Américas, con data do 15 de setembro de 1999.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia

RESOLVO:

Que a Fundación Jacobea de las Américas quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 108.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG do 17 de decembro)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo