Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas e de bolsas de predoutoramento para a realización de proxectos de investigación e de bolsas de predoutoramento correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de IDT, convocado nos anexos I, II e III da Orde do 26 de abril de 1999 (DOG do 18 de maio).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de abril de 1999 (DOG do 18 de maio), aprobaba, nos seus anexos I e II, as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación do Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 4, 8 e 7 dos respectivos anexos I, II e III da mencionada orde da convocatoria determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións designadas polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental

RESOLVEN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en ambiente ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.

Segundo.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito do ambiente ás empresas que se relacionan no anexo II desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos I e II, que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a avaliación favorable.

Cuarto.-As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria

para a realización do correspondente proxecto de investigación incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a execución deste supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Quinto.-Concederlles bolsa de nova adxudicación para a realización da tese de doutoramento, durante o período do 1 de outubro de 1999 ó 30 de setembro do ano 2000 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo III desta resolución e declarar desertas as seis bolsas correspondentes ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Sexto.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo III, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, tendo en conta o remanente de crédito, adxudicaralle-la correspondente bolsa a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe como anexo IV desta resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo IV.

Sétimo.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde

de convocatoria do 26 de abril de 1999 (DOG do 18 de maio), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Oitavo.-Contra esta presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

Juan Casares LongMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral do Centro de InformaciónSecretario xeral de Investigación

e Tecnoloxía Ambientale Desenvolvemento

ANEXO I

Proxectos de investigación aplicada en ambiente

Adxudicatarios

Investigador/a

principal

Código

proxecto

Organis-

mo

anos

Título1ª anualidadeCP2ª anualidadeCP3ª anualidadeCPTotal

Arias Rodríguez, Juan EnriquePGIDT99MA23601USC2Monitorización mediante teledetección das condicións oceanográficas características do afloramento ibérico e a súa implicación ambiental no sector primario das zonas costeiras3.600.000 ptas.SX900.000 ptas.MA4.500.000 ptas.

Bao Iglesias, ManuelPGIDT99MA20901USC3Formulación ecoeficiente de solos5.000.000 de ptas.MA500.000 ptas.MA500.000 ptas.MA6.000.000 de ptas.

Barreiro Lozano, RodolfoPGIDT99MA10301UDC2Resposta de poboacións naturais á contaminación: incidencia do Síndrome de Dumpton en Nucella lapillus (gasterópodo) de Galicia e consecuencias para o seu uso como bioindicador da contaminación por TBT (tributilo de estaño)3.600.000 ptas.SX500.000 ptas.MA4.100.000 ptas.

Carballeira Ocaña, AlejoPGIDT99MA20001USC3Avaliación da calidade do aire no contorno dunha industria de producción de aluminio por electrodeposición (Alcoa-Europe. Cervo. Lugo) mediante o uso de plantas bioindicadoras3.550.000 ptas.SX1.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA6.550.000 ptas.

Castro Cerceda, Mª LuisaPGIDT99MA30101UVI3Estudio da diversidade fúnxica (catalogación e aproveitamento sostido) nos parques naturais da franxa litoral galega (A Coruña, Pontevedra)4.000.000 de ptas.SX500.000 ptas.MA500.000 ptas.MA5.000.000 de ptas.

Cela Torrijos, RafaelPGIDT99MA23701USC2Desenvolvemento de metodoloxías analíticas de screening para contaminantes prioritarios (dioxinas, PCB's, fenois e VOC's)11.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA13.000.000 de ptas.

Díaz-Fierros Viqueira, FranciscoPGIDT99MA20301USC3Cuantificación dos elementos do balance hídrico nas cuncas forestais da zona húmida española7.000.000 de ptas.SX1.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA10.000.000 de ptas.

Díaz-Maroto Hidalgo, Ignacio JavierPGIDT99MA29101USC3Estudio epidométrico das masas de Quercus Robur L. en Galicia e a súa influencia sobre a calidade da madeira11.000.000 de ptas.MA1.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA14.000.000 de ptas.

Domínguez Martín, JorgePGIDT99MA30102UVI2Biotransformación de zurro en fertilizantes orgánicos de alta calidade. Optimización de tecnoloxías de vermicompostaxe6.000.000 de ptas.SX1.500.000 ptas.MA7.500.000 ptas.

Investigador/a

principal

Código

proxecto

Organis-

mo

anos

Título1ª anualidadeCP2ª anualidadeCP3ª anualidadeCPTotal

González Manteiga, WenceslaoPGIDT99MA20701USC3Integración dos sistemas de predicción de control de inmisión no contorno da central térmica das Pontes de García Rodríguez5.150.000 ptas.SX500.000 ptas.MA500.000 ptas.MA6.150.000 ptas.

Herrero Latorre, CarlosPGIDT99MA26201USC2Contribución á determinación de contaminantes e oxidantes atmosféricos na Comunidade Autónoma de Galicia: niveis de fondo6.100.000 ptas.SX900.000 ptas.MA7.000.000 de ptas.

López Mahía, PurificaciónPGIDT99MA10302UDC2Caracterización de compostos orgánicos volátiles (precursores de oxidantes) en diferentes puntos da provincia da Coruña10.000.000 de ptas.SX1.000.000 de ptas.MA11.000.000 de ptas.

Macías Vázquez, FelipePGIDT99MA20002USC3Caracterización dos procesos de degradación, contaminación e recuperación de turbeiras ombotróficas e mineralotróficas de Galicia11.000.000 de ptas.SX1.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA14.000.000 de ptas.

Monterroso Martínez, María CarmenPGIDT99MA20003USC3Aplicabilidade da fitorremediación en Galicia: unha técnica novidosa para a descontaminación de solos e evita-la contaminación de augas subterráneas4.000.000 de ptas.SX1.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA7.000.000 de ptas.

Paz González, AntonioPGIDT99MA10303UDC2Xestión dos recursos hídricos en áreas con diferentes usos agroforestais: avaliación das demandas e sistemas de apoio á toma de decisións11.000.000 de ptas.SX1.000.000 de ptas.MA12.000.000 de ptas.

Ramil Rego, AlbertoPGIDT99MA16609UDC3O láser como tecnoloxía limpa: aplicación á descontaminación de superficies6.000.000 de ptas.SX500.000 ptas.MA500.000 ptas.MA7.000.000 de ptas.

Valero Gutiérrez del Olmo, EnriquePGIDT99MA37101UVI2I+D da adaptación e implantación á Comunidade Autónoma de Galicia do proceso da conferencia interministerial de Helsinki sobre criterios e indicadores de xestión forestal sostible en Europa7.500.000 ptas.MA1.500.000 ptas.MA9.000.000 de ptas.

CP: centro pagador. MA: Consellería de Medio Ambiente. SX: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO II

Proxectos de investigación empresarial en ambiente

Adxudicatarios

Nome ou razón socialCIF

anos

Código proxectoTítulo1ª anualidadeCP2ª anualidadeCPTotal

AnfacoG 366253092PGIDT99MA001EEstudio para o tratamento e valorización dos residuos da cuncha do mexillón xerados na industria conserveira galega3.787.000 ptas.SX0 ptas.SX3.787.000 ptas.

Aquagest, S.A.A 282206062PGIDT99MA002EMapa epidemiolóxico das augas destinadas á producción de auga potable en Galicia4.000.000 de ptas.MA2.000.000 de ptas.MA6.000.000 de ptas.

Asociación Galega Monte IndustriaG 156340251PGIDT99MA003EValoración do estado nutricional das masas forestais de Galicia tomando como base a análise foliar e de solos7.523.600 ptas.MA0 ptas.SX7.523.600 ptas.

Conservas Isabel de Galicia, S.L.B 363251082PGIDT99MA004EMinimización de efluentes líquidos. Tratamento e reutilización de auga procedente de esterilizadores8.000.000 de ptas.MA1.500.000 ptas.MA9.500.000 ptas.

DetegasaA 151486532PGIDT99MA005EDesenvolvemento dunha planta de tratamento de augas residuais de tamaño reducido e unha planta de recolección por baleiro de aplicación con tripulacións elevadas4.500.000 ptas.MA600.000 ptas.SX5.100.000 ptas.

Endesa, S.A.A 280234302PGIDT99MA006EInicios críticos de resistencia fisiolóxica na especie de Pinus Radiata3.500.000 ptas.SX1.500.000 ptas.MA5.000.000 de ptas.

Endesa, S.A.A 280234302PGIDT99MA007EAnálise e modelización da dinámica físico-química do encoro do Eume5.000.000 de ptas.SX1.500.000 ptas.SX6.500.000 ptas.

Espina y Delfín, S.L.B 150266932PGIDT99MA008EPlanta piloto para a depuración de vertidos industriais de alta carga orgánica10.000.000 de ptas.SX4.000.000 de ptas.SX14.000.000 de ptas.

Nome ou razón socialCIF

anos

Código proxectoTítulo1ª anualidadeCP2ª anualidadeCPTotal

Labonor.ense, S.L.B 271944222PGIDT99MA009EDesenvolvemento sostido nas industrias gandeiras na provincia de Lugo. Avaliacion do impacto ambiental1.500.000 ptas.SX500.000 ptas.SX2.000.000 de ptas.

Laboratorio

Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)

G 152281412PGIDT99MA010EOptimización e control de instalacións para a depuración integral de efluentes do sector lácteo7.500.000 ptas.MA2.000.000 de ptas.SX9.500.000 ptas.

Luis Calvo Sanz, S.A.A 150172052PGIDT99MA011EMinimización e reutilización de residuos e optimización da planta de tratamento de augas residuais8.000.000 de ptas.SX4.000.000 de ptas.MA12.000.000 de ptas.

CP: centro pagador. MA: Consellería de Medio Ambiente. SX: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO III

BolseiroDNI

Alonso Pérez, Ana Isabel36.122.299 V

Cal Prieto, Mª Jesús32.797.745 K

Esteban Gómez, David32.816.723 R

Fernández Filgueira, Mª Cristina35.321.790 T

Piñeiro Iglesias, María34.894.902 S

Uhía Castro, Edith53.171.981 Y

ANEXO IV

SuplenteDNI

Couto Pazos, Javier32.821.757 K

Vidal Vázquez, Eva34.892.502 F

Blanco Pérez, Raimundo78.733.703 B