Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas, convocado pola Orde do 10 de maio de 1999 (DOG do 31 de maio).

Por Orde do 10 de maio de 1999 (DOG do 17 de setembro), convocáranse bolsas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos mono

gráficos para investigadores non vinculados ás universidades galegas.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio), que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución e na contía que se especifica.

Segundo.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios sempre que cumpran os requisitos establecidos no punto 6 das bases da convocatoria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 10 de maio de 1999 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nembargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO

Apelidos e nomeDNISede do

evento

Axuda (ptas.)

Arrizabalaga de Mingo, Haritz Josefa44.145.729Francia 60.000

Flores Calvete, Gonzalo32.407.811Francia100.000

Galanes Santos, Iolanda36.070.680Italia100.000

González González, Ángel Francisco36.073.880Grecia100.000

González Sotelo, Carmen36.098.778Francia100.000

Muñoz Guzon, Fernando María 2.231.460A Coruña 25.000

Pastoriza Enríquez, Laura35.956.739Grecia100.000

Apelidos e nomeDNISede do

evento

Axuda (ptas.)

Tafalla Piñeiro, Carolina44.963.047Grecia100.000

Vázquez González, Rut44.448.798Granada 60.000

745.000