Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de outubro de 1999 pola que se modifica a do 28 de maio de 1999, que regula a concesión de axudas a persoas físicas e xurídicas para actuacións en países en vías de desenvolvemento.

Exposición de motivos.

Debido ó notable aumento do número de solicitudes de axudas, formuladas por diversas organizacións humanitarias, como consecuencia dos dramáticos acontecementos que recentemente están a correr en países do terceiro mundo, provocando un gran número de víctimas entre a poboación dos países afectados, considérase necesario proceder a eleva-la contía global destinada a estas ayudas, e para tal fin.

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 1 da Orde do 28 de maio de 1999 pola que se regula a concesión de axudas a persoas físicas e xurídicas para actuacións en países en vías de desenvolvemento, elevándose a contía global sinalada a seis millóns catrocentas noventa mil (6.490.000) pesetas, con cargo á referida partida orzamentaria 04.13.121A.490.0

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Publica