Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de outubro de 1999 pola que se nomean os membros do xurado do Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e do Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1999.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de febreiro de 1999 (DOG 23 de febreiro), convoca o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1999.

Na base sexta do artigo 1 da citada orde establécese a composición do xurado que seleccionará os candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1999, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Fernando Tejerina García, catedrático da Facultade de Ciencias da Universidade de Valladolid.

Vocais:

Julio Casado Linarejos, catedrático da Facultade de Ciencias Químicas da Universidade de Salamanca.

Luis Espada Recarey, catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo.

Dolores Esther Fernández Fernández, catedrática da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

José Ramón Leis Fidalgo, catedrático da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.

Emilio Lora-Gamayo D'Ocon, catedrático da Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Barcelona.

Ernesto Vietez Cortizo, catedrático da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública