Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.300

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de outubro de 1999 pola que se nomean os membros do xurado de Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 1999.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de xuño 1999 (DOG do 8 de xuño), convoca o Premio Galicia de Innovación correspondente ós Premios Galicia de Investigación 1999.

Na base quinta do artigo 1 da citada orde establécese a composición do xurado que seleccionará os candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Galicia de Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 1999, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Miguel Ángel Ríos Fernández, secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Vocais:

José Manuel González González, proposto pola Consellería de Industria e Comercio.

Norberto Penedo Rey, proposto polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Miguel Ángel Pérez Pérez, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Luis Fernando Quiroga y Piñeiro, proposto pola Fundación Empresa-Universidade Galega.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de

Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública