Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.272

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 266/1999, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2209/1993, do 17 de decembro, establece o título de técnico superior en levantamentos e desenvolvementos urbanísticos e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, completa o Real decreto 2209/1993, do 17 de decembro e substitúe a súa denominación pola de técnico superior en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite

ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do

Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas, regulado polo Real decreto 2209/1993, do 17 decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e completado polo Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste

ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Intervir en levantamentos e replanteos de construccións e terreos, auxiliando na súa execución, e intervir en proxectos de infraestructuras viarias e de ordenación do territorio, elaborando planos de trazados, acometidas, abastecementos e de ordenación do solo, tomando datos e achegando, ó seu nivel, solucións ós problemas de representación e dimensionado.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Auxiliar nas operacións de levantamento de terreos e construccións, obtendo cotas e coordenadas, elaborando esbozos e representacións gráficas.

* Materializa-los planos do proxecto relativos á ordenación do territorio e trazados viarios.

* Intervir na elaboración da documentación técnica do planeamento urbano, realizando a correspondente toma de datos e interpretando e aplicando a normativa vixente.

* Levar a cabo replanteos, marcando puntos, aliñacións, cotas e alturas coa precisión requirida.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das realizacións dos seus subordinados e das súas propias, no marco das normas e plans establecidos, consultando cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Posuír unha visión global e integrada do proceso productivo relativa ós diferentes aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos relacionados con aquel.

* Administrar e xestionar unha pequena empresa de traballos urbanísticos e comercializa-los productos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da función asignada para a consecución dos obxectivos do grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos seus compañeiros e subordinados.

2.2.4. Capacidade para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, en el marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Elección dos procedementos para levantamentos e replanteos sinxelos.

* Realización de levantamentos sinxelos.

* Representación e/ou materialización de replanteos.

* Representación de trazados viarios.

* Elaboración de planos descritivos para o planeamento.

* Cubicación de obras de terra.

2.4. Unidades de competencia:

1. Participar en traballos de campo e gabinete.

2. Desenvolver proxectos de infraestructura.

3. Participar en traballos de planeamento.

4. Participar en replanteos de obra.

5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: participar en traballos de campo e gabinete:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Analizar e interpretar datos previos como base ós traballos de campo sinxelos.* Organizáronse os datos pola súa índole.

* Estableceuse unha orde de prioridades pola súa relevancia na interpretación dos datos.

* Estableceuse unha división entre os datos relevantes e os que non o son.

1.2.Realizar esbozos do terreo identificando e significando os datos máis relevantes.* O esbozos realizáronse sobre un soporte estable e os datos que conteñen son claros e concisos.

* O esbozos conteñen puntos singulares do terreo, camiños e construccións existentes.

* Tódolos puntos ou vértices do terreo foron numerados para a súa correcta identificación.

RealizaciónsCriterios de realización

1.3.Estaciona-los aparellos topográficos, posibilitando a toma de datos.* As coordenadas dos vértices estación son as especificadas no esbozo.

* O aparello foi fixado ó trípode e este está afianzado no terreo.

* O aparello foi achumbado, corrixido e orientado coa precisión requirida.
* A altura do aparello foi anotada convenientemente para cada estación.
* As estacións correspóndense entre si e foron claramente marcadas tanto no terreo como nos esbozos.

1.4.Realizar coa precisión requirida operacións de toma de datos, reflectíndoos no soporte adecuado.* Os cadernos foron cubertos, se é o caso, de forma clara e concisa e a numeración de vértices e puntos coincide coa do esbozo.

* Arquiváronse os cadernos en lugar seguro e están debidamente identificados.

* Realizouse a comprobación pertinente conforme as características do terreo.

1.5.Obter cotas e coordenadas coa precisión requirida procesando os datos de campo.* Comprobouse que o caderno estudiado se corresponde co traballo para realizar.
* Realizáronse os cálculos polo método adecuado e dentro das marxes admisibles de erro.
* Os datos definitivos foron escritos de forma clara e concisa.
* Os datos definitivos coinciden na súa identificación co esbozo proporcionado.

1.6.Materializa-los datos de campo no soporte adecuado e coa precisión requirida.* O procedemento empregado axústase á natureza do traballo e ó tipo de caderno utilizado.

* Identificáronse claramente tódolos puntos, liñas ou vértices marcados no plano.

* A escala elixida é a apropiada á natureza do plano.

1.7.Interpolar curvas de nivel coa precisión requirida.* O método utilizado axústase ás características do traballo.

* A distancia de interpolación axústase ás características do traballo.

* A acotación está axustada ás normas e é clara e suficiente.
* O plano acabado ten a estabilidade de caracteres necesaria e permite a súa corrección sen ter que o realizar de novo.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Aparellos topográficos para recollida de datos. Estación de traballo informática específica e programas informáticos específicos. Material de debuxo. Cadernos de campo e colector de datos. Medios de protección individual. Sinalización auxiliar. Aparellos restituidores.

-Principais resultados do traballo. Productos e/ou servicios:

Levantamentos planimétricos, altimétricos e taquimétricos. Cadernos de campo. Planos acotados.

-Procesos, métodos e procedementos:

Métodos planimétricos e altimétricos. Recollida de datos por procedementos estandarizados. Simboloxía normalizada. Métodos de restitución.

-Información, natureza, tipo e soportes:

Documentación do catastro. Fotografías. Planos. Esbozos de campo.

2.5.2. Unidade de competencia 2: desenvolver proxectos de infraestructura:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Intervir en estudios comparativos de infraestructura viaria, posibilitando a confrontación de solucións alternativas.* O estudio comparativo é claro e conciso e contén a información suficiente para a elección da solución.

* As trazas comparadas cumpren coa normativa vixente en canto a dimensións e rasantes.

* Os traballos necesarios para cada alternativa foron suficientemente desagregados para permitir orzamentos comparativos.
* Os parámetros comparativos como superficies, cubicacións, obras accesorias e complementarias precisas para cada unha das alternativas, son homoxéneos e permiten a elección da solución proposta.

2.2.Representar trazados, establecendo os perfís necesarios segundo a precisión requirida.* A traza representada correspóndese coa elixida no estudio de alternativas.

* As pendentes resultantes, largos de calzada e radios de curvatura mantéñense dentro das marxes que as normas estipulan para cada tipo de vía.

* A escala utilizada para o trazado coincide coa do plano.
* A acotación axústase ás normas e é clara e suficiente.

2.3.Representar rasantes segundo especificacións, definindo suficientemente o trazado.* As escalas elixidas son as adecuadas ás características da vía.

* O perfil lonxitudinal coincide en tódolos seus tramos coas características da traza en planta.

* O número e situación dos perfís transversais coincide co especificado.
* As pendentes e rasantes coinciden coas do principio e final da vía e son as adecuadas segundo as normas.
* A acotación está axustada ás normas e é clara e suficiente.

2.4.Realizar medicións para obter cubicacións de obras de terra coa precisión requirida.* A escala utilizada coincide coa do plano.

* A táboa de cubicacións está axustada á normativa e está ben realizada.

* As medidas tomadas para realiza-la cubicación correspóndense coas dos seus correspondentes perfís.

2.5.Realizar valoracións, aplicando adecuadamente prezos actualizados.* O prezo unitario aplicado corresponde á unidade de obra medida.

* As diferentes partidas que compoñen os prezos unitarios foron actualizadas.

* A desagregación de prezos unitarios axústase en canto a rendementos.

2.6.Realizar operacións de cálculo de instalacións e abastecementos que serven de apoio ó proxecto.* Tódolos datos necesarios para o cálculo son recompilados e ordenados.

* Executáronse os procedementos de cálculo establecidos, obtendo as dimensións normalizadas de conductos e acometidas para a súa posible incorporación ó proxecto.

* Realizouse o esbozo e preparouse documentación anexa que sirva de base á definición das instalacións e dos abastecementos.

2.7.Elaborar planos de acometidas e redes de distribución, debuxando planos de rede de sumidoiros, auga, electricidade, telefonía e gas.* A distribución dos debuxos nos planos, a súa rotulación e as escalas elixidas son as adecuadas.

* Os planos son doadamente comprensibles, conteñen as vistas e seccións necesarias, conforme as normas estipuladas, e gardan correspondencia cos planos subministrados.

* A acotación está axustada ás normas e é clara e suficiente para a execución da obra.

RealizaciónsCriterios de realización

* A simboloxía e lendas empregadas son as que corresponden ás normas e/ou ós acordos establecidos.
* O plano acabado ten a estabilidade de caracteres necesaria e permite a súa corrección sen ter que realizalo de novo.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Material de debuxo. Estación de traballo informática específica e programas informáticos específicos. Planímetro. Pupitre luminoso.

-Productos intermedios:

Trazados alternativos.

-Principais resultados do traballo. Productos e/ou servicios:

Materialización sobre planos dos trazados viarios. Valoración de obras de terra.

-Procesos, métodos e procedementos:

Normativa estatal, comunidades autónomas e organismos locais. Simboloxía normalizada. Procedementos manuais e/ou automatizados. Normas tecnolóxicas. Instrucción de estradas.

-Información, natureza, tipo e soportes:

Documentación do catastro. Planos de ordenación. Ordenanzas municipais. Planos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: participar en traballos de planeamento:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Tomar datos urbanísticos e do terreo, extraendo os relevantes para servir de base ó proxecto.* Tomáronse os datos de forma clara, concisa e coa precisión requirida.

* Os datos coinciden cos do lugar obxecto de estudio.

* Identificouse e organizouse cada un dos datos para os aplicar no momento e lugar apropiados.
* Se é o caso, os datos foron debidamente certificados.

3.2.Elaborar planos descritivos a partir da toma de datos, facilitando a súa interpretación e servindo de base ó proxecto.* O número e tipo de planos axústase ás necesidades derivadas da natureza do traballo.

* As escalas elixidas son as adecuadas.

* A acotación axústase ás normas e é clara e suficiente.
* A simboloxía e lendas son as que corresponden ás normas e acordos establecidos.

3.3.Intervir en traballos de ordenación do solo aplicando normativa e especificacións.* Os datos empregados correspóndense cos obtidos no proceso de toma e recompilación.

* As escalas elixidas e as unidades de medida son as adecuadas.

* A simboloxía e lendas son as que corresponden ás normas ou acordos establecidos.
* O cadro de superficies elaborado axústase ó programa establecido e é claro e conciso.

3.4.Representar trazados de abastecementos segundo especificacións, a partir de normas de deseño.* As escalas elixidas son as adecuadas.

* O número e tipo de planos responde ás necesidades segundo a natureza do traballo.

RealizaciónsCriterios de realización

* As separacións entre os diferentes servicios cumpren as normativas vixentes.
* O deseño das canalizacións e rexistros cumpre a normativa establecida.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Material de debuxo. Estación de traballo informática específica e programas informáticos específicos. Planímetro. Pupitre luminoso.

-Productos intermedios:

Planos descritivos. Solucións alternativas.

-Principais resultados do traballo. Productos e/ou servicios:

Planos de ordenación urbana e urbanísticos. Cadros de superficie. Toma de datos do terreo e urbanísticos. Proxectos de urbanización.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos manuais e/ou automatizados. Colaboración para toma de decisións e definición das adoptadas.

-Información, natureza, tipo e soportes:

Normativa estatal, comunidades autónomas e organismos locais. Simboloxía normalizada. Planos de ordenación. Ordenanzas municipais. Planos.

2.5.4. Unidade de competencia 4: participar en replanteos de obra:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Intervir na definición do plan de replanteo, analizando os planos correspondentes e elaborando os esbozos necesarios.* A escala e as dimensións do plano foron interpretadas correctamente.

* A simboloxía e especificacións técnicas do plano foron interpretadas correctamente.

* O esbozo base do replanteo recolle os detalles suficientes para identificar en obra os elementos de referencia necesarios, así como para detectar posibles erros.

4.2.Estaciona-los aparellos topográficos, posibilitando o replanteo.* As coordenadas dos vértices estación son as especificadas no esbozo de replanteo.

* O aparello foi fixado ó trípode e este está suficientemente afianzado no terreo.

* O aparello foi achumbado, corrixido e orientado coa precisión requirida.
* A altura do aparello foi anotada convenientemente para cada estación.
* As estacións correspóndense entre si e foron claramente marcadas tanto no terreo coma no esbozo.

4.3.Materializa-lo replanteo, marcando puntos e aliñacións coa precisión requirida de acordo co plan establecido.* Os elementos de apoio para materializa-lo replanteo están suficientemente afianzados nel, identificados de acordo co plano e afastados da área de traballo.

* A zona de traballo é totalmente operativa durante a materialización do replanteo.

* As indicacións gráficas, resultado do replanteo, son lexibles, estables e están coidadosamente niveladas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os puntos e as aliñacións finais están determinados coa precisión requirida e polo método máis apropiado á natureza do traballo.
* O replanteo axústase ás medidas do plano coa precisión establecida.

4.4.Materializa-la nivelación, marcando cotas, alturas ou rasantes coa precisión requirida.* A altura do perfil é a especificada nos planos.

* A distancia entre perfís axústase á requirida.

* Os sinais que materializan a nivelación están marcados claramente, son estables e o seu número é suficiente.
* Os sinais provisionais respectáronse ó longo dos traballos e foron substituídos polos definitivos.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Aparellos topográficos para o replanteo. Estación de traballo informática específica e programas informáticos específicos. Material de debuxo. Cadernos de campo e colector de datos. Medios de protección individual. Útiles, ferramentas e instrumentos simples de medición para o replanteo.

-Principais resultados do traballo:

Proposta de replanteo. Materialización do replanteo e nivelación baixo supervisión. Toma de datos necesarios para o replanteo.

-Procesos, métodos e procedementos:

Estudio e elección do método. Procedemento que se debe utilizar no replanteo sobre o terreo. Supervisión final.

-Información, natureza, tipo e soportes:

Planos de replanteo. Instruccións sobre manexo de aparellos.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

* Realizouse a análise previa á implantación, valorando:

-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A localización física e o ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, vías de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-A necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e os procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo a formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

5.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo as máis habituais no sector.

* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

5.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) foron elaborados no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto actividades económicas...).

5.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plano de promoción, tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

5.5.Negociar con provedores ou clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:-Marxes de beneficios.-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

5.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunicouse ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que poida interesarlles.

RealizaciónsCriterios de realización

5.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificouse a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais:
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, ... Nóminas TC1, TC2. Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector, que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Prevese unha maior diversificación das actividades empresariais, ampliándose a gama de servicios ofrecidos, e un maior desenvolvemento das empresas especializadas en subministración de servicios, onde as dedicadas a instalación terán especial peso, co conseguinte aumento das subcontratacións. Tamén se incrementarán as actividades de rehabilitación e mantemento, o que paliará parcialmente as restriccións de solo e as actividades en materia de obra civil.

* Aumento do tamaño empresarial, medido en volume de capital, o que favorecerá a competitividade empresarial, en especial de cara ós mercados internacionais. Como consecuencia da liberalización dos contratos públicos, favorecerase a asociación con empresas europeas para a realización de obras no mercado europeo, o que repercutirá positivamente nas estructuras empresariais. Darase tamén un aumento da participación de empresas europeas na estructura empresarial propia, que lles permitirá operar con maior facilidade.

* As aplicacións informáticas seguirán incorporándose ás distintas fases dos procesos de construcción. Desenvolveranse os sistemas de deseño asistido por

ordenador en tres dimensións, nos que a simulación adquire un peso importante. A aplicación destes sistemas permitirá optimizar tamén o proceso de fabricación, reducindo custos e riscos. Así mesmo, estenderase o uso de bases de datos con información sobre materiais, proxectos e prezos nas empresas de maior tamaño. Incrementarase o uso de programas informáticos na planificación e coordinación de obras, o que permitirá ter en conta o desenvolvemento do proceso no seu conxunto.

* Penetración de novos sistemas de construcción (pavimentos confortables, menos ruidosos, sistemas de prevención de contaminación dos edificios) ante a presión por temas de protección de ambiente.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención e maior esixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

O cambio fundamental na actividade desta figura vén determinado pola utilización cada vez máis xeneralizada de medios informáticos na elaboración do proxecto. Isto vaille esixir manexar con soltura e bo rendemento programas de deseño asistido, programas de simulación, programas de levantamentos e bases de datos para a elaboración de orzamentos.

Nos proxectos de urbanismo deberá ter en conta de forma crecente os aspectos de protección ambiental.

2.6.3. Cambios na formación:

Esta figura deberá ter unha formación en informática que lle permita utilizar programas variados de deseño en dúas, tres dimensións e simulación, así como programas topográficos específicos e consultar bases de datos de normativa e proxectos.

No referente a protección ambiental deberá coñece-la normativa correspondente.

Outras necesidades de formación que poderían deducirse dos cambios previsibles no sector, como poden se-la terminoloxía específica en lingua estranxeira e solucións con novos materiais, non parecen xeneralizables e poderían ser atendidas mediante formación ocupacional ou de posto de traballo.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá a súa actividade no sector da construcción nas áreas de proxecto e producción.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Edificación: edificios industriais, edificios comerciais e de servicios, edificios singulares, vivendas e rehabilitación.

* Obra civil: aeroportos, estradas, obras marítimas, obras subterráneas, ferrocarrís, conduccións lineais e obras especiais.

* Urbanismo: planos xerais, planos parciais e proxectos de urbanización.

* Noutros sectores productivos onde se realicen levantamentos e replanteos (reparcelacións, primeiras extraccións, construccións metálicas, tendido de liñas eléctricas, etc.).

* En xeral grandes e medianas empresas constructoras; organismos públicos locais, autonómicos ou estatais; estudios de arquitectura, enxeñería, topografía ou urbanismo e, eventualmente, de forma autónoma.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional localízase fundamentalmente nas funcións ou subfuncións de proxecto e toma de datos e producción e apoio técnico.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da representación do terreo (topografía). Están ligadas directamente a:

* Proceso de deseño: conxunto de equipos propios para a realización de levantamentos e técnicas de toma de datos, procesado da información e representación.

* Proceso de producción: conxunto de equipos propios para a realización de replanteos e técnicas para a súa materialización.

* Coñecemento de sistemas de representacón, xeometría, normalización e topográfia aplicada.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Axudante topógrafo.

* Delineante-proxectista de urbanismo.

* Delineante en topografía.

* Delineante en trazados viarios.

* Técnico en cubicacións de obras de terra.

* Técnico en traballos de campo.

* Técnico en levantamentos.

* Técnico en replanteos.

* Técnico agrimensor.

* Técnico en parcelacións.

* Técnico en deslindes.

* Técnico en nivelacións.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Realizar procesos de toma, interpretación e representación de datos coma base á definición e realización de proxectos de urbanismo, edificación ou obra civil, elaborando os esbozos, seleccionando e estacionando os aparellos topográficos e anotando os datos obtidos das lecturas no caderno correspondente, para obter un levantamento topográfico.

* Representa-lo relevo do terreo coas súas curvas de nivel, determinando as cotas e coordenadas do levantamento, situando no plano os puntos obtidos e interpolándoos, para realiza-lo correspondente plano topográfico.

* Realizar traballos de trazados viarios, a partir dos planos topográficos, utilizando os materiais e medios máis axeitados, analizando a documentación sobre a infraestructura viaria (aliñacións, pendentes, rasantes, etc.). Para determina-los posibles trazados viarios, rea

liza-los correspondentes planos (trazados de planta, perfís lonxitudinais e transversais) e realiza-los cálculos de cubicación de terras e a súa valoración.

* Realizar trazados de instalacións de abastecemento e calcular proxectos de ámbito reducido, aplicando a normativa de cálculo, coa axuda de ábacos ou programas informáticos.

* Desenvolver traballos de planeamento e ordenación do territorio.

* Desenvolver plans de ordenación e proxectos de urbanización, a partir da correspondente información, analizando e identificando tódolos elementos que interveñen nel, planificando os traballos e elaborando os planos correspondentes.

* Executa-las operacións necesarias para a representación de datos sobre o terreo.

* Utilizar equipos e programas informáticos aplicados á súa actividade profesional para procesar datos relativos ós levantamentos e replanteos e ós proxectos de ordenación do solo.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: traballos de campo e gabinete.

Asociado á unidade de competencia 1: participar en traballos de campo e gabinete.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-los datos previos dun traballo de campo a partir da información relativa ó lugar.

* Identifica-los distintos aparellos topográficos, recoñecendo tódolos elementos que os compoñen e a función que desempeña cada un.

* Relacionar cada instrumento topográfico cos traballos que pode realizar, en función da precisión que lle corresponde.

* Realizar correctamente a posta en estación dos aparellos topográficos, sobre puntos previamente determinados no terreo.

* Efectuar lecturas de datos proporcionados polos aparellos, anotándoos nos cadernos de campo, manuais ou electrónicos.

* Elixir correctamente os útiles topográficos máis idóneos para cada tipo de traballo, segundo as características deste e a precisión requirida.

* Observa-lo terreo, identificando a súa forma e extensión, os puntos singulares e os lugares máis axeitados para realiza-los estacionamentos e/ou os posibles itinerarios.

* Realización dos esbozos necesarios do terreo, no sistema de representación máis axeitado, sinalando tódolos puntos singulares e numerándoos convenientemente, respectando as proporcións, e ilustrándoo coa simboloxía precisa e axeitada.

* Elixi-lo método máis axeitado para realiza-lo traballo, en función do terreo, da precisión requirida e dos aparellos dispoñibles.

* Realiza-la lectura dos puntos do terreo, coa precisión requirida pola natureza do traballo, rexistrando no caderno tódolos datos, de xeito claro e conciso, facendo coincidi-la súa numeración coa establecida no esbozo.

* Realiza-las operacións precisas ata completa-la resolución do caderno, obtendo as cotas e coordenadas finais.

* Elixi-lo soporte e a escala axeitadas, en función do plano que se vai realizar, tendo en conta a súa extensión e o tipo de traballo.

* Confecciona-los planos necesarios, incluíndo cantos datos técnicos se consideren oportunos para que o traballo quede correctamente definido, tales como: curvas, vértices, puntos de recheo, cadro de coordenadas, orientación.

* Realiza-los cálculos correspondentes á superficie do terreo e ós volumes de movemento de terras.

* Realiza-los cálculos elementais relacionados cos proxectos de voo fotogramétrico e coa interpretación e medición de fotogramas, calculando as diferencias de altitude con axuda de estereoscopio e barra de paralaxe.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Operacións elementais:

* Operacións de conversión de distintas unidades.

* Operacións con escalas.

* Cálculo de superficies.

* Cálculo de volumes.

* Cálculo de distancias: obtención de distancias xeométricas, reducidas e desniveis, a partir de distancias naturais presentadas en perfís.

* Traballo con coordenadas.

* Traballo con ángulos:

-Lecturas angulares decimais con nonios de distintas apreciacións.

-Exercicio de orientación cun compás.

-Conversión de rumbos e acimuts coñecendo a declinación do lugar.

Instrumentos topográficos:

* Identificación dos elementos de nivel, taquímetro, estación total e caderno electrónico.

* Posta en estación de aparellos topográficos: procedemento de cambio de estación.

* Lectura e anotación de datos dos aparellos topográficos: cadernos de campo e electrónicos:

*Métodos de traballo para:

-Realización dun levantamento por radiación.

-Cambios de estación. Enlace de estacións.

-Realización dun itinerario.

-Debuxo de esbozos.

-Cálculos no caderno de campo e no electrónico.

-Corrección de erros.

-Realización de diversos tipos de levantamentos planimétricos e altimétricos.

Sistema de planos acotados:

* Representación de puntos, rectas e planos.

* Pertenzas, interseccións, paralelismo, perpendicularidade, distancias e abatementos.

Traballos de representación:

* Manexo de útiles de gabinete:

-Uso do curvímetro para cálculo de lonxitudes.

-Uso do planímetro para cálculo de superficies.

-Uso do pantógrafo para cambiar un plano de escala.

* Representacións topográficas:

-Análise de cartas, mapas e planos, identificando as escalas e a simboloxía empregadas en cada un deles.

-Realización de cartas, mapas e planos utilizando a escala e simboloxía axeitadas a cada un.

* Representación de terreos:

-Representación no plano dos puntos obtidos no campo: elección da escala, determinación da equidistancia, anotacións, debuxo de curvas de nivel e obtención por interpolación.

-Debuxo de perfís do terreo: escalas de horizontais e de verticais, anotación de datos.

-Representación do movemento de terras: debuxo de noiros de desmonte e recheo e a súa intersección co terreo.

* Uso do programa informático de topografía:

-Introducción de datos no ordenador:

-Operacións para realizar:

-Representación gráfica de puntos.

-Xeración do modelado dixital do terreo.

-Obtención das curvas de nivel.

-Definición dun trazado.

-Perfís lonxitudinais e transversais.

-Acotacións nos perfís.

-Cálculo de superficies e de volumes.

* Fotogrametría:

-Realización dun proxecto de voo fotogramétrico:

-Puntos de apoio.

-Alturas de voo e escalas.

-Velocidades e frecuencias de disparo.

-Interpretación de fotogramas:

-Identificación de obxectos e puntos de apoio.

-Realización de restitucións fotogramétricas:

-Os pares fotogramétricos.

-Restitucións mediante estereoscopio e barra de paralaxe.

Contidos conceptuais

Fundamentos:

* A terra:

-Forma e dimensións.

-Liñas e ángulos terrestres.

-Coordenadas terrestres.

-Ciencias que se ocupan do seu estudio.

-Representación da superficie terrestre.

* A topografía:

-División da topografía.

-Rede xeodésica española. Mapa topográfico español.

* A cartografía:

-Curvas de nivel.

-Simboloxía.

-Interpretación do relevo.

-Documentos: cartas, mapas e planos. Escalas.

Conceptos básicos:

* Tipos de unidades. Apreciación.

* Escalas: precisión gráfica. Límite de percepción visual.

* Distancias.

* Desniveis.

* Pendentes.

* Altitude.

* Coordenadas: sistema de posicionamento por satélite GPS.

* Ángulos horizontais e verticais.

Instrumentos topográficos:

* Niveis.

* Instrumentos para sinalizar puntos e marcar direccións.

* Para medición directa de distancias:

* Anteollos estadimétricos, retículas e miras.

-Medición indirecta de distancias:

* Limbos e nonios.

* Trípodes e chumbada.

* Descrición e manexo de nivel topográfico, taquímetro, estación total e caderno electrónico.

* Posta en estación dos aparellos.

* Cambio de estación.

* Toma de datos.

Métodos topográficos:

* Planimétricos.

-Utilizando só aparellos de medición directa.

-Método de aliñacións.

-Empregando aparellos de medición indirecta:

-Método de radiación: simple (por coordenadas) e composta.

-Método de rodeo, itinerario ou poligonación: aberto ou pechado (encadrado).

-Itinerario por coordenadas.

-Método de interseccións.

* Altimétricos:

-Nivelación xeométrica ou por alturas.

-Nivelación composta.

-Nivelación por radiación.

-Itinerarios de nivelación: abertos, pechados ou encadrados.

* Taquimétricos:

-Métodos.

-Enlace de estacións.

-Cadernos taquimétricos.

Teoría de erros:

* Tipos de erros.

* Método de atenuación de erros nas medicións.

* Métodos de repetición e reiteración.

* Compensación gráfica de erros de peche.

Sistema de planos acotados:

* Representación dos elementos fundamentais. Pertenza de puntos e rectas a planos.

* Operacións básicas con estes elementos: interseccións, paralelismo, perpendicularidade, distancias, abatementos.

Traballos de representación:

* Útiles empregados:

* Representacións topográficas:

-Cartas, mapas e planos.

-Escalas normalizadas empregadas.

-Simboloxía utilizada.

* Representación de terreos.

-Curvas de nivel. Obtención por interpolación.

-Obtención de perfís mediante seccións do terreo por planos verticais.

-Representación de noiros de desmonte e de recheo e determinación da súa intersección co terreo, representando o resultado no plano coas correspondentes curvas vermellas.

* Programa informático de topografía.

-Características do programa: tipos de menús, pantallas de diálogo, teclas principais, manipulación de arquivos.

-Entrada de datos: manual ou automática a través do caderno electrónico.

-Funcionamento do programa: principais ordes.

* Fotogrametría:

-Definición e fundamentos.

-Fotogrametría aérea. O relevo do terreo.

-Fotogramas e voo fotogramétrico.

-Alturas de voo e escalas.

-Proxecto de voo.

-Restitución fotogramétrica.

-Pares fotogramétricos.

-Rectificación e ortofotografía.

-Estereoscopio e barra de paralaxe.

-Cálculo de diferentes alturas.

-Representación de curvas de nivel.

-Acotación do plano.

Contidos actitudinais

Conceptos básicos:

* Selección das unidades, escalas, formatos e soportes máis axeitadas a cada traballo concreto.

* Realiza-los cálculos con exactitude.

* Mostrar iniciativa na resolución de problemas.

Instrumentos e métodos topográficos:

* Elixi-lo aparello máis axeitado a cada traballo concreto.

* Efectua-las lecturas dos aparellos coa máxima precisión, anotándoas do mesmo xeito.

* Coidar con esmero todo o instrumental durante o seu almacenamento, transporte e manipulación.

* Estaciona-los aparellos coa maior exactitude, coidando o seu posicionamento, achumbado e nivelación.

* Realiza-las oportunas comprobacións e correccións para evita-los erros en todo o posible.

* Analizar e seleccionar correctamente o método para utilizar.

* Orde e correcta distribución de tempos e tarefas.

* Colaborar cos compañeiros de equipo na execución dos traballos de campo.

Traballos de representación:

* Debuxar e realiza-las anotacións escritas dos planos con precisión, calidade, orde e limpeza.

* Valora-la importancia do contorno informático na oficina técnica.

* Mante-lo equipo informático en bo estado de conservación.

* Importancia de organizar correctamente o traballo.

* Seguir unha orde na execución de tarefas.

* Exactitude na introducción de datos.

* Establecemento de códigos e fórmulas de seguridade no uso de arquivos informáticos, realizando copias de seguridade.

3.2.2. Módulo profesional 2: trazados viarios e abastecementos:

Asociado á unidade de competencia 2: desenvolver proxectos de infraestructuras.

Capacidades terminais elementais

* Analizar proxectos de trazados viarios identificando os procesos e parámetros constructivos e comprobando o grao de cumprimento da normativa vixente e o seu impacto ambiental.

* Analiza-las solucións propostas, elixindo a máis axeitada en función dos diferentes parámetros establecidos, a orografía do terreo, o impacto ambiental, a lonxitude e pendente das vías, os movementos de terra que se orixinan, a natureza do terreo que atravesan, e propondo posibles melloras que optimicen o trazado.

* Establecer modificacións nun trazado viario que mellore o proceso de construcción, o custo económico, as condicións de uso ou o impacto ambiental.

* Relaciona-las obras de infraestructura viaria cos procesos e elementos constructivos que interveñen e os materiais que se empregan.

* Identificar todo o proceso constructivo necesario para levar a cabo as solucións propostas.

* Identifica-los documentos necesarios para a definición do trazado, determinando os planos para realizar e as características de cada un.

* Estudia-lo trazado en planta, realizado ou subministrado como suposto práctico, a partir dos puntos de saída e chegada, principio e fin de rasantes:

-Representando a traza, indicando as coordenadas do punto de saída, lonxitude das aliñacións rectas e curvas, tanxentes de entrada e saída, radios e bisectrices de ángulos, así como o ángulo formado polas tanxentes e coordenadas de cada vértice.

-Realizando o perfil lonxitudinal, relacionando estes parámetros con rasantes e cotas do terreo, obtendo distancias parciais e á orixe, e cotas de desmonte e terraplén, así como pendentes ou ramplas da rasante e o paso e a medida das obras de fábrica.

-Establecendo o número de perfís transversais a partir do lonxitudinal e da natureza do traballo, debuxando os elixidos e indicando noiros de desmonte e terraplén, así como foxos, desaugadoiros e largo da vía.

* Realiza-lo cálculo dos volumes de movemento de terras, coa precisión requirida, tendo en conta os coeficientes de esponxamento e compactación, e confecciona-los cadros de cubicacións, analizando e valorando a axeitada relación existente entre os desmontes e os terrapléns.

* Establece-las necesidades e datos de partida, e realiza-lo deseño e cálculo das instalacións e abastecementos, mediante o emprego de táboas, ábacos e medios informáticos, aplicando a cada caso a normativa vixente, e identificar todo o proceso constructivo necesario para levar a cabo as solucións propostas, que quedarán reflectidos nos correspondentes detalles constructivos.

* Elixi-lo sistema de representación gráfica para utilizar, en función dos elementos que se vaian representar.

* Establece-lo método de traballo máis axeitado, determinando os útiles de debuxo para empregar, formatos, soportes, escalas e simboloxías.

* Realiza-los planos necesarios, con boa calidade de trazado, presentación, orde e limpeza, para definir correctamente a obra que se vai realizar, coas distintas vistas, seccións, acotacións e datos técnicos, incluídos os detalles constructivos que sexan necesarios.

* Realiza-los planos necesarios utilizando medios informáticos, de forma rápida e correcta, conseguindo o seu arquivo no menor espacio posible.

* Realiza-la valoración das correspondentes unidades de obra, aplicando os prezos actualizados.

* Redacta-la documentación complementaria do proxecto: memorias, pregos de condicións, medicións, valoracións e orzamento.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Deseño de estradas:

* Análise dos distintos elementos que interveñen nun proxecto de infraestructuras, identificándoos e diferenciándoos segundo as súas características específicas.

* Identificación da simboloxía específica empregada nos planos de infraestructuras e abastecementos.

* Deseño de distintos tipos de estradas a partir de diferentes propostas que obriguen a adoptar determinadas solucións concretas.

* Análise dos problemas ambientais que poidan levar consigo os trazados anteriores, e proposta de posibles solucións alternativas.

* Identificación e interpretación dos elementos, métodos e materiais constructivos adoptados en distintos proxectos de obras de infraestructuras e abastecementos.

* Deseño de solucións constructivas para obras de infraestructuras e abastecementos.

Representación gráfica de infraestructuras e abastecementos:

* Representación de infraestructuras viarias:

-En planta, a partir do plano de curvas de nivel:

-Representación da traza. Simboloxía.

-Acordos horizontais. Peraltes.

-Cálculo de tanxentes, ángulos e bisectrices. Anotación de datos.

-O perfil lonxitudinal:

-Escalas de horizontais e de verticais.

-Cálculo da rasante. Pendentes. Representación. Acordos verticais.

-Anotación de datos complementarios: cotas vermellas.

-Os perfís transversais.

-Distancia óptima.

-Seccións tipo. Bermas e foxos. Cálculo de noiros.

-Presentación e acotacións.

-Representación do caixeado da planta: trazado de desmontes e recheos, curvas vermellas.

-Detalles constructivos en función dos procesos constructivos adoptados na obra.

* Representación de instalacións de abastecemento:

-Recompilación, interpretación e aplicación da normativa para cada tipo de instalación.

-Deseño dos distintos tipos de instalacións aplicando a normativa correspondente.

-Cálculo das distintas redes de abastecemento, co auxilio de táboas, ábacos ou programas informáticos.

-Determinación do sistema constructivo e dos materiais para empregar en cada unha das instalacións.

-Representación gráfica das distintas instalacións, determinando o número de planos necesarios e os sistemas máis axeitados, realizándoos coa debida exactitude e calidade.

Documentos dun proxecto:

* Memorias:

-Análise comparativa de distintas memorias de proxectos.

-Redacción de distintas memorias de proxectos de infraestructuras viarias e instalacións de abastecemento e saneamento.

* Planos:

-Análise comparativa de planos de distintos proxectos de infraestructuras viarias e instalacións de abastecemento e saneamento.

-Determinación do número e realización de planos necesarios para defini-los trazados en cada caso.

-Realización dos planos de detalles constructivos necesarios para pór de manifesto o proceso constructivo requirido para levar a cabo a obra.

* Pregos de condicións:

-Análise comparativa de distintos pregos de condicións de proxectos de infraestructuras viarias e instalacións de abastecemento e saneamento.

* Medicións, valoracións e orzamentos:

-Cálculos de lonxitudes de conduccións lineais.

-Cálculos de superficies de parcelas. Uso do planímetro.

-Cálculos de volumes. Distintos procedementos de cubicación. Coeficientes de esponxamento e compactación.

-Obtención de resultados por medio do programa informático de topografía.

-Realización de cadros de prezos.

-Manexo de bases de datos.

-Realización de medicións e valoracións, manualmente ou mediante programas informáticos específicos, de demolicións e traballos previos, movementos de terras e rochas, execución de conduccións lineais, aéreas e subterráneas, e firmes de estradas e vías férreas

Debuxo con ordenador: programa Autocad:

* Equipo informático:

-Organización espacial do equipo informático.

-Instalación do programa e configuración dos periféricos:

-Prácticas de sistema operativo:

-Creación, supresión e cambio de directorios.

-Uso de comandos internos e externos.

-Emprego de comodíns.

* Ordes básicas de CAD: realización de exercicios sinxelos (creación de bibliotecas de símbolos).

* Organización do traballo: realización dun pequeno proxecto de trazado viario ou dunha determinada rede de abastecemento.

* Dixitalización de planos.

* Personalización: creación de abreviaturas de ordes, de tipos de liñas, de patróns de sombreado, dun menú de taboleiro e dun menú despregable.

Contidos conceptuais

Elementos de deseño de estradas:

-Normativa vixente.

-Clasificación de estradas.

-O viario urbano e interurbano.

-Clasificación de rúas.

-Beirarrúas e calzadas.

-Medianas e reservas centrais.

-Aparcamentos e transportes públicos.

-Interseccións de rúas.

-Pavimentacións e complementos.

-Vexetación e mobiliario urbano.

-Seccións transversais dos distintos tipos de rúas.

-Tipos de proxectos e estudios.

-Avaliación do impacto ambiental.

-Ferrocarrís. Rede metropolitana subterránea. Normativa.

* Criterios de deseño de estradas:

-Parámetros condicionantes do trazado xeral.

-Variables delimitadoras do trazado en planta: curvas e enlaces, aliñacións, radios, ángulos, bisectrices, tanxentes de entrada e saída e acordos verticais.

-Criterios de trazado do perfil lonxitudinal: sección natural do terreo, rasantes e pendentes.

-Criterios de dimensionado das seccións transversais: seccións estrictas e transicións.

* Movemento de terras:

-Fórmulas de lonxitudes, áreas e volumes.

-Instrumentos: planímetro.

-Esponxamentos e compactacións.

-Métodos e técnicas de cálculo.

-Unidades e técnicas de medida.

* Elementos complementarios do trazado de estradas: vías de servicio, nós, interseccións, glorietas, enlaces, pasos de peóns, carrís BUS / V.A.O.

* Infraestructuras complementarias: áreas e estacións de servicio, estacións ferroviarias, estacións de autobuses, estacións marítimas, portos, aeroportos, pontes, túneles, sumidoiros, pasos a nivel, diques, peiraos e plataformas mariñas.

* Deseño de firmes e pavimentos: calzadas e vías de peóns, beirarrúas, bermas e medianas.

* Instalacións complementarias: iluminación, sinalización, plantacións e ornamentacións de estradas.

* Tratamento do impacto ambiental:

-Ruído ambiental.

-Contaminación atmosférica.

-A paisaxe.

Materiais de construcción:

Procesos constructivos de execución de obras de infraestructuras:

* Roza e limpeza de terreos. Derrubamentos. Escarificación.

* Escavacións e voaduras.

* Transporte de materiais.

* Desmontes e recheos.

* Explotación de canteira.

* Fabricación e estendido de bases.

* Compactación de capas. Estabilización e impermeabilización do solo. Drenaxes.

* Cosido de noiros.

* Apertura e refino de foxos.

* Explanadas industriais.

* Ataguías.

* Colocación do balastro.

* Colocación e aliñación de carrís de vías.

* Colocación de travesas.

Representación de estradas:

* Normas xerais.

* Simboloxía específica.

Instalacións de abastecemento:

* Conduccións lineais.

* Deseño de redes de subministración e planificación enerxética.

* Coordinación das redes de instalacións: galerías de servicios. Dimensións das coincidencias baixo calzadas e beirarrúas.

* Abastecemento de auga:

-Datos básicos e condicionantes xerais.

-Deseño, trazado, tipoloxía e etapas das redes de abastecemento.

-Redes de distribución. Elementos integrantes e detalles constructivos.

-Depósitos, arquetas de presión, chaves de paso e ventosa, bombas, etc.

-Principios de cálculo e dimensionamento.

* Instalacións de rega. Drenaxes.

* Rede de evacuación:

-Datos básicos e condicionantes xerais.

-Sistemas de redes de sumidoiros: deseño, trazado e tipoloxía.

-Elementos integrantes da rede e detalles constructivos.

-Principios de cálculo e dimensionamento.

-Sistemas de depuración de augas.

-Sistemas de vertidos.

-Tratamento de residuos sólidos.

Subministración enerxética:

* Tipos de enerxías.

* Enerxía eléctrica.

-Centrais productoras.

-Redes de transporte de media e alta tensión.

-Centros de transformación.

-Liñas aéreas e subterráneas.

-Principios de cálculo e dimensionamento.

* Rede de abastecemento de gas:

-Xeneralidades sobre gases: lexislación e conceptos básicos.

-Clasificación e tipoloxía de redes de gas natural e de gases licuados de petróleo.

-Deseño e trazado de redes.

-Cálculo e dimensionamento.

* Iluminación urbana:

-Datos básicos e condicionantes xerais.

-Iluminación de vías de tráfico rodado, rúas e prazas.

-Edificios singulares, zonas deportivas, parques e xardíns.

-Principios de cálculo e dimensionamento.

* Instalacións de sinalización (rede semafórica).

* Redes de telefonía e comunicación (imaxes por cable):

-Deseño e trazado.

-Elementos e detalles constructivos.

-Cálculo de redes.

* Proceso e método de execución das redes de abastecemento:

-Apertura de gabias. Estibacións.

-Distancias entre as distintas conduccións

-Capas de asentamento e de protección das conduccións. Recheo de gabias.

-Pozos e arquetas de rexistro das conduccións.

-Firmes e enlousados de beirarrúas por onde pasan as conduccións.

Documentos do proxecto:

* Memorias: anexos topográficos e cartográficos.

* Planos.

* Pregos de condicións.

* Medicións, valoracións e orzamentos.

-Tipos de medicións.

-Distintas unidades de obra.

-Medición e valoración de traballos de demolicións e previos, movementos de terras e rochas, tendido de conduccións lineais e firmes de estradas e vías férreas.

Debuxo con ordenador. Programa Autocad:

* Equipo informático.

* Contorno de traballo, menús e ordes básicas.

* Organización do traballo.

-Capas, cores, tipos de liñas, bloques e atributos.

-Acotacións, raiados e sombreados.

-Espacio modelo e espacio papel.

-Debuxo prototipo.

-Impresión en plotter ou impresora.

* Traballo en 3D:

-Distintos sistemas.

-Perspectivas.

-Renderización e iluminación.

* Personalización do programa.

* Dixitalización de planos.

Contidos actitudinais

Deseño de estradas:

* Interese pola busca de información complementaria á normativa de obrigado cumprimento.

* Valoración e cumprimento da normativa establecida para cada caso.

* Rigor na identificación das distintas tipoloxías.

* Adaptación da normativa ós condicionantes de cada caso para concretar unha determinada solución.

* Perfecta definición do proceso constructivo que se debe realizar en cada caso concreto.

* Xustificación das solucións adoptadas.

* Iniciativa na resolución dos problemas que se presenten.

* Decisión na adopción de sistemas constructivos e materiais para empregar en cada caso concreto.

* Orde, claridade e limpeza na elaboración das representacións gráficas.

Instalacións de abastecemento:

* Precisión e orde na realización dos cálculos.

* Rigor na elección do método.

* Comprobación e corrección sistemática dos erros que se puideran producir no proceso de cálculo.

* Valoración da exactitude nos cálculos.

* Capacidade para interrelaciona-las distintas redes de abastecemento e saneamento que se deben situar baixo unha mesma vía.

Documentos dun proxecto:

* Claridade, concisión e orde na redacción das memorias.

* Lóxica na determinación dos planos necesarios para defini-lo proxecto.

* Meticulosidade, orde e exactitude no proceso de medición.

* Claridade na descrición das unidades de obra.

* Rigor na provisión de datos e información de prezos actualizados.

Debuxo con ordenador:

* Considera-los equipos informáticos e o contorno CAD como un útil que simplifica os traballos repetitivos para conseguir unha mellora do producto en canto á calidade e rapidez de execución.

* Valoración da importancia de manter todo o equipo informático en bo estado de funcionamento.

* Concienciación do risco que supón a inseguridade informática.

* Hábito de realizar frecuentes copias de seguridade.

3.2.3. Módulo profesional 3: ordenación urbana:

Asociado á unidade de competencia 3: participar en traballos de planeamento.

Capacidades terminais elementaia

* Identifica-los distintos sectores de actividades dentro do plano da cidade.

* Recoñece-los elementos definidores da fisionomía urbanística.

* Diferencia-los distintos tipos de plans de urbanismo, os seus ámbitos de aplicación, os seus contidos documentais e o correspondente proceso de elaboración.

* Analizar distintos tipos de plans de urbanismo, identificando a simboloxía e as lendas empregadas e diferenciando as solucións adoptadas en cada caso.

* Analizar plans xerais de ordenación urbana, identificando a zonificación e tipoloxía do solo, os usos, e realizando os cálculos correspondentes á superficie de cada unha das zonas.

* Analizar plans de actuación sobre o solo, aplicando a normativa establecida e observando o respecto ó contorno.

* Analiza-la normativa urbanística recollida en cada un dos plans, contrastando as diferencias existentes en función das distintas zonas sinaladas neles.

* Aprecia-las diferentes zonas da evolución histórica da cidade e analiza-las súas características urbanísticas nas diferentes fases.

* Determina-los parámetros regulados, as dotacións e as reservas de solo, a partir dos documentos dun plan urbanístico.

* Representa-la zonificación dun territorio segundo os criterios e convenios establecidos, con claridade e utilizando a simboloxía adecuada, a partir do plan de ordenación.

* Calcula-la superficie de cada zona, as destinadas a vías de comunicación e os volumes edificables, a partir do plan de ordenación.

* Calcula-la superficie dos predios resultantes dun proxecto de reparcelación do territorio, a partir da distribución equitativa de cargas e beneficios establecidos para a execución do plan de urbanismo.

* Calcula-las superficies correspondentes a cada zona dun determinado plan urbanístico.

* Distingui-las superficies útiles das vías de comunicación.

* Estima-los volumes aproveitables de cada zona e parcela.

* Aprecia-las posibles zonas de conservación ecolóxica e do patrimonio histórico-artístico.

* Identifica-las características dos trazados da rede viaria, en canto a aliñacións e rasantes e á previsión de aparcamentos e a súa conexión co sistema xeral.

* Identifica-las instalacións urbanas necesarias, as características de trazado e os puntos de conexión cos sistemas xerais.

* Representa-la parcelación de predios dun plan urbanístico, con indicación de superficies, construccións existentes e usos e alturas autorizados, coa escala, acotación e simboloxía adecuados e coa rotulación identificadora, a partir dos documentos do replanteo.

* Relaciona-los proxectos urbanísticos coas obras de infraestructura viaria e as instalacións necesarias, cos elementos constructivos e coa función e disposición destes elementos na obra.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Recoñecemento de elementos de urbanismo:

* Identificación, en distintos exemplos de planos urbanos, de:

-Elementos fundamentais: rúas, prazas, cuarteiróns, etc.

-A tipoloxía histórica.

-Os distintos sectores.

-As fases da evolución da cidade.

-As dotacións e os equipamentos.

-As redes de abastecemento e saneamento.

-A xerarquía viaria.

-A zonificación.

-Os monumentos histórico-artísticos e naturais.

Análise de documentación urbanística para unha determinada zona:

* Cartografía existente de distintas épocas.

* Cartografía a distintas escalas.

* Plans urbanísticos anteriores.

* Información complementaria:

-Sobre as actividades económicas e humanas que se desenvolven en todo o territorio municipal.

-Información física do territorio: xeolóxica, de vexetación e cultivos, climatolóxica, hidrográfica, ambiental e paisaxística.

-Sobre as características histórico-artísticas do territorio considerado: existencia de depósitos paleontolóxicos e/ou arqueolóxicos, monumentos histórico-artísticos.

-Diferentes normativas que afecten a zona.

Representación gráfica:

* Elaboración de planos que amosen:

-Sistema viario.

-Redes de abastecemento e saneamento.

-Equipamentos e dotacións.

-Evolución urbanística.

-Zonificación.

-Localización de monumentos.

* Representación de planos parcelarios.

-Representación do sector.

-Representación das vías e das parcelas coa súa superficie.

-Sinalización das edificación existentes.

-Indicación do uso e alturas autorizadas en cada unha.

-Rotulación e acotación.

* Representación gráfica de normas urbanísticas e de protección.

Cálculos:

* Superficies correspondentes a cada zona.

* Superficies ocupadas polas vías de comunicación.

* Superficies para dotacións e equipamentos.

* Superficies de protección nos distintos casos. Acotación.

* Superficies de aparcamentos.

* Superficies de parcelas.

* Volumes edificables.

* Transferencias de aproveitamento.

* Alturas autorizadas en cada parcela.

Contidos conceptuais

Nocións básicas de urbanismo:

* Definicións e conceptos xerais: factores determinantes do asentamento.

* Elementos de morfoloxía urbana.

* Tipos de actividades urbanas.

* Morfoloxía das tramas urbanas.

* O urbanismo ó longo da historia: cidades tipo.

* Evolución urbanística das cidades: as murallas, os ensanches.

Ordenación do territorio:

* Características básicas do planeamento urbano

* Ámbito de competencia urbanística: principais funcións, elaboración e execución do planeamento.

* Clasificación do solo.

* Planeamento urbanístico:

-Tipos de plans.

-Relación entre os distintos tipos de planeamento.

-Obxecto, contido, determinacións e documentos de cada un dos plans.

-Plan Nacional de Ordenación.

-Plans directores territoriais de coordinación.

-Normas provinciais de planeamento.

-Directrices de ordenación do territorio.

-Plan Xeral de Ordenación Municipal.

-Proxectos de ordenación do medio rural.

-Plans parciais.

-Plans especiais.

-Estudios de detalle.

-Proxectos de urbanización.

-Catálogos.

-Ordenanzas municipais.

* Natureza xurídica dos plans. Etapas.

* Execución do planeamento.

* Sistemas de intervención no mercado do solo: compensación, cooperación e expropiación.

* Zonificación.

* Usos do solo.

* Asignación de intensidades e usos globais.

* Redes viarias e infraestructuras.

* Tipoloxías edificatorias.

* Características das ordenanzas municipais: parámetros urbanísticos, parámetros da edificación e relacións entre elementos edificados.

* Distribución de cargas e beneficios: áreas de reparto, aproveitamento tipo, uso característico, reparcelacións, transferencias de aproveitamento, taxacións e valoracións e patrimonio municipal do solo.

* Influencia doutros sectores no ordenamento urbanístico: a lexislación de estradas, costas, augas, montes, meio ambiente, patrimonio, etc.

Construccións básicas:

* Coñecemento, función e disposición de elementos de construcción: roces, demolicións, escarificación, escavacións, voaduras, recheos, montaxe de liñas eléctricas, tendido de tubos terrestres e tendido de tubos marítimos.

O contorno físico:

* Xeoloxía, hidroloxía, climatoloxía, edafoloxía, vexetación, paisaxe natural, fauna e ecosistemas.

O contorno histórico-artístico:

* Concepto, tipos, zonas e características de paleontoloxía, arqueoloxía, antropoloxía, depósitos e filóns e patrimonio histórico-artístico.

Estudios de impacto ambiental:

Contidos actitudinais

Xeneralidades sobre urbanismo:

* Curiosidade por coñece-la evolución histórica do urbanismo da cidade e as características definitorias de cada época.

* Interese por identifica-los elementos definidores do urbanismo da cidade.

Ordenación do territorio:

* Interese pola busca de información complementaria á normativa de obrigado cumprimento.

* Valoración e cumprimento da normativa establecida para cada caso.

* Rigor na identificación das distintas tipoloxías.

* Adaptación da normativa ós condicionantes de cada caso para concretar unha determinada solución.

* Xustificación das solucións adoptadas.

* Iniciativa na resolución dos problemas que se presenten.

* Orde, claridade e limpeza na presentación dos traballos.

* Precisión e orde na realización dos cálculos.

* Capacidade para interrelaciona-los distintos conceptos que interveñen no planeamento.

* Claridade, concisión e orde na redacción de documentos.

O contorno físico e histórico-artístico:

* Interese por coñece-lo medio tanto físico como histórico-artístico no que nos desenvolvemos.

* Valoración da conservación e respecto ó contorno.

* Precisión, exactitude e claridade na elaboración de mapas e planos de localización das zonas protexidas.

3.2.4. Módulo profesional 4: replanteos de obra:

Asociado á unidade de competencia 4: participar en replanteos de obra.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-lo proxecto de obra con tódolos seus documentos, tanto gráficos como escritos, identificando os elementos, parámetros e características que afecten ó replanteo.

* Selecciona-lo método do replanteo e os útiles máis idóneos, en función do tipo de obra e das características do terreo.

* Identifica-los puntos críticos do plano de replanteo para reflectilos no esbozo.

* Realiza-los cálculos para determinar tódolos datos necesarios para o replanteo.

* Elabora-los planos necesarios para a materialización do replanteo, con tódolos detalles que permitan identificar na obra os elementos de referencia e efectua-las necesarias comprobacións para evitar erros.

* Explica-lo manexo dos instrumentos, útiles e medios auxiliares necesarios para materializa-los replanteos de obra, relacionándoos coa función que desenvolven.

* Describi-lo procedemento de posta en estación dos instrumentos nos puntos establecidos para a toma de medidas.

* Organiza-las tarefas previas ó replanteo, determinando os medios humanos e materiais, preparando aparellos e útiles, e planificando o proceso que hai que seguir.

* Manexa-los instrumentos e equipos de replanteo coa precisión e destreza requirida e co suficiente esmero para unha boa conservación e funcionamento.

* Determina-la orientación do replanteo segundo o sinalado no plano.

* Establece-la orixe do replanteo de acordo co esbozo realizado.

* Toma-las medidas e aliñamentos precisos para completa-lo replanteo.

* Comproba-las dimensións e ángulos horizontais e verticais co esbozo realizado.

* Materializa-lo replanteo de maneira que queden definidos con claridade e precisión os puntos, aliñacións, rasantes, nivelacións e achumbados obxecto do replanteo.

* Utiliza-los adecuados instrumentos de apoio do replanteo, fixándoos suficientemente ó terreo e debidamente afastados da zona de traballo.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Traballos de gabinete:

* Análise da información recibida para a realización do replanteo: interpretación dos planos de execución, determinación dos elementos de referencia e Identificación dos puntos críticos.

* Realización do plano de replanteo: determinación do soporte e ferramentas que se van empregar.

* Realización dos cálculos necesarios: detección e corrección de erros.

* Acotacións e anotacións complementarias no plano de replanteo.

* Traballo co programa informático.

* Introducción de datos no caderno electrónico.

* Determinación do sistema de replanteo para utilizar.

* Planificación do traballo no campo.

Traballos de campo:

* Identificación en obra dos elementos de referencia.

* Realización de replanteos de puntos e aliñacións por distintos métodos, en distintos tipos de terreos e a distintas distancias e ángulos da estación, marcando os puntos coa precisión requirida, de modo que queden ben afianzados e suficientemente afastados das zonas de traballo.

* Trazados de paralelas, perpendiculares e bisectrices de aliñacións, en distintos casos.

* Replanteo de distintos tipos de curvas en variados casos concretos.

* Realización de replanteo de rasantes, con tramos rectos e curvos, así como os correspondentes peraltes, acordos e refinos.

* Comprobación e corrección de erros.

* Reposición de puntos.

Aplicación práctica de replanteos completos:

* Replanteo, en distintos casos, de movementos de terras, gabias para conduccións, obras de fábrica, edificios, tramos de estradas e vías de ferrocarril, pequenas zonas urbanas, predios e parcelas.

.* Achumbado e nivelación de distintos elementos de obra, en diferentes casos.

Contidos conceptuais

Fundamentos:

* Conceptos básicos.

* Obxecto do replanteo: establecer puntos, aliñacións, curvas e rasantes, e realizar achumbados e nivelacións.

* O plano de replanteo sobre o terreo: elementos configuradores e criterios de realización.

* Elementos notables dun replanteo: puntos críticos, liñas de eixe, límites de noiros, aliñacións, bases do replanteo sobre o terreo, referencias, orientación e orixe do replanteo.

* Características dun bo replanteo: exactitude, visibilidade, durabilidade, doada identificación, doada reposición de puntos e mínima interferencia coa zona de traballo.

* Métodos de replanteo: por coordenadas e por interseccións.

Instrumental:

* Aparellos: tipos, características, aplicacións e utilización.

* Tolerancias e erros.

* Útiles e medios auxiliares de sinalización de puntos no terreo:

-Camillas, estacas, cravos, puntas de aceiro, cordas e xeso.

-Chumbadas, niveis, escuadros, marcos, bandeirolas.

-Regras, cintas métricas, rodetes.

Traballos de gabinete:

* Modos de recepción dos datos para execución dun replanteo.

* Normas para ter en conta para a execución dun plano de replanteo.

* Cálculos necesarios para completa-los datos.

* Planificación do traballo de campo posterior:

-Determinación de aparellos e útiles para empregar.

-Determinación do número de persoas necesarias.

-Previsión do tempo que se vai empregar.

Traballo de campo:

* Normas para ter en conta cara ó replanteo de puntos e para a realización de aliñacións rectas.

* Métodos de trazado de perpendiculares, paralelas e bisectrices, directamente sobre o terreo.

* Métodos de replanteo de curvas.

* Acordos horizontais. Métodos de replanteo.

* Clases de rasantes. Métodos de replanteo.

* Acordos verticais. Modos de replanteo.

* Refino de rasantes. Modos de replanteo.

* Normas para a realización de nivelacións.

* Normas para a realización de achumbados.

Aplicacións concretas:

* Normas específicas para cada tipo concreto de replanteo: obras de terra, gabias para conduccións, obras de fábrica, edificios, estradas e vías férreas, zonas urbanas, predios e parcelas, nivelacións e achumbados de elementos de obra.

Contidos actitudinais

* Análise e correcta selección do método e instrumental para empregar no replanteo.

* Precaución na colocación dos elementos auxiliares para que non entorpezan o posterior desenvolvemento dos traballos.

* Exactitude e precisión en tódalas fases de execución do replanteo.

* Claridade na marcaxe de aliñacións e niveis.

* Orde na execución das tarefas, tanto no gabinete coma no campo.

* Coidado dos aparellos co máximo esmero, tanto no seu uso como durante o transporte e no almacenamento.

* Xestión racional do tempo programado.

* Realización das necesarias comprobacións en calquera fase do traballo para garanti-la exactitude final do replanteo.

* Comprobación e corrección sistemática dos erros detectados.

* Capacidade de traballo en equipo.

* Iniciativa na resolución de problemas.

* Responsabilidade ante as condicións de seguridade neste tipo de traballos.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 5: Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa:

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e as contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 6: plans de urbanismo:

Capacidades terminais elementais

* Recompilar e analiza-la información necesaria para determina-las premisas e os parámetros do proxecto que se vai realizar.

* Identifica-la situación, orientación, características orográficas e de vexetación, zonas de interese para protexer, enlaces e conexións.

* Relacionar e selecciona-la normativa técnica e legal, tanto municipal como xeral, e as instruccións de obrigado cumprimento, que sexan de aplicación no desenvolvemento dun plan urbanístico.

* Distribuí-lo traballo segundo os medios materiais e humanos dispoñibles e o tempo de execución previsto.

* Calcula-las dotacións, reservas de solo, usos, zonas e superficies, a partir do plan xeral correspondente.

* Calcula-la reparcelación de predios resultantes, superficies, volumes edificables e número máximo de vivendas, a partir dos criterios establecidos no planeamento.

* Calcula-las características das vías e das redes de instalacións urbanas necesarias para o desenvolvemento do plan.

* Determina-los planos necesarios para definir correctamente o proxecto, establecendo a orde de presentación e as características que lle corresponden a cada un.

* Establece-los datos técnicos e a información que se debe incluír en cada plano, para que a súa interpretación sexa correcta.

* Determina-las partes ou elementos do plan que precisen ser detallados, ideando a solución axeitada en cada caso.

* Selecciona-lo procedemento, os útiles de debuxo, a escala, o formato, e o soporte máis axeitado ó plan que se vaia realizar.

* Realiza-los planos que compoñen o proxecto de plan urbanístico, tanto de conxunto como de detalle, acotados correctamente e cunha boa calidade de debuxo.

* Documenta-las solucións constructivas, relacionándoas cos materiais que se van utilizar, forma de execución en obra e custo que se producirá.

* Encarpeta-lo proxecto, ordenando os distintos documentos que o compoñen.

Contidos (duración 260 horas)

Contidos procedementais

Plan parcial de ordenación urbana no que interveñan estudios sobre reparcelacións, zonificación, volumes construíbles e trazados de vías e abastecementos de auga, electricidade, saneamento, gas e telefonía:

* Determinacións de parámetros do proxecto que se vai realizar:

-Análise das determinacións do plan xeral que afectan ó plan parcial proposto.

-Condicionantes físicos: forma e características do territorio.

-Condicionantes do contorno: relación cos tecidos urbanos existentes, infraestructuras, paisaxes, instalacións, etc.

-Condicionantes internos: existencia de infraestructuras, edificacións ou vexetación no propio ámbito que se vaia ordenar.

-Condicionantes legais: zonas de protección das redes arteriais, aeroportos, trazados eléctricos ou de gas, cursos de auga, costas, defensa, etc.

-Tratamento da información topográfica do proxecto.

* Identificación de información:

-Recompilación, ordenación e clasificación da documentación necesaria para o plan parcial:

-Plan Xeral de Ordenación Urbana.

-Lexislación urbanística de carácter xeral aplicable neste caso concreto.

-Normas das compañías subministradoras de servicios.

-Estudio de impacto ambiental.

-Elaboración dun informe con toda a información recollida.

* Planificación do traballo:

-Determinación do sistema para empregar de cara á realización material do plan parcial. Previsión do sistema de arquivo.

-Realización do organigrama para a execución material do proxecto, con previsión do número de persoas necesarias, materiais para utilizar e tempo previsto.

* Análise das características do plan:

-Análise do anteproxecto para evitar erros nas premisas de partida.

-Comprobación do grao de cumprimento da normativa vixente na formulación previa.

-Estudio da súa viabilidade económica.

-Medidas para adoptar de cara a cumpri-las recomendacións derivadas do estudio de impacto ambiental.

* Elaboración do deseño:

-Organización xeral dos usos, tipos e densidades:

-Localización de zonas verdes e deportivas e dos equipamentos locais.

-Gradación de densidades na localización dos tipos edificatorios.

-Elección da trama urbana de referencia. Relación cos tipos edificatorios.

-Definición xeométrica das redes de servicios: auga, sumidoiros, enerxía eléctrica, iluminación, gas, telefonía, etc., con racionalidade e eficacia (identificación das características, trazado das redes, determinación das solucións constructivas e detalles).

-Definición xeométrica da rede viaria:

-Selección da tipoloxía do esquema.

-Trazado da rede. Dimensionado das vías.

-Determinación de aliñacións, rasantes e pendentes.

-Deseño de solucións constructivas.

-División en unidades de execución. Despezamento espacial e temporal ordenado e eficaz.

* Definición gráfica:

-Determinación do procedemento e útiles de debuxo para empregar ó elabora-los planos.

-Definición do número de planos necesarios.

-Selección do formato máis axeitado para cada un deles.

-Selección dos criterios e técnicas de representación.

-Elección da escala para empregar en cada un.

-Definición do método de traballo informático. Bibliotecas.

-Realización dos planos:

-Definición xeométrica dos trazados viarios e os espacios libres públicos. Planos de aliñacións e rasantes a escala 1:1.000 ou 1:2.000 con cotas e dimensións superficiais. Seccións transversais, rasantes verticais nas interseccións ou cada metro. Dimensións básicas de cada cuarteirón mediante cotas lonxitudinais das aliñacións e superficies. Detalle de seccións lonxitudinais e transversais.

-Definición dos usos pormenorizados, coas aliñacións interiores que subdividen os cuarteiróns en ámbitos de distinta cualificación, co correspondente dimensionamento.

-Definición dos trazados das redes de servicios. Planos de subministración de auga e redes. Detalles.

-Comprobación da interrelación dos planos e correccións necesarias.

* Definición normativa:

-Definición da parcela edificable.

-Posición da edificación na parcela ou cuarteirón.

-Relación da edificación e dos usos coa vía pública.

-Ocupación máxima en superficie pola edificación.

-Regulación dos parámetros volumétricos da edificación: altura máxima sobre rasante, tolerancia sobre altura máxima, fondo edificable máximo e coeficiente de edificabilidade máximo sobre parcela.

-Regulación das relacións entre corpos edificados: distancia mínima entre fachadas enfrontadas e distancias mínimas entre fachadas e aliñacións interiores, exteriores ou lindeiros de parcela, en función da altura.

-Condicións complementarias de forma e disposición das edificacións: lonxitude e largura dos corpos, regulación dos patios e das pezas situadas neles e condicións dos voos (terrazas, miradoiros) na aliñación exterior.

-Condicións dos usos compatibles co uso pormenorizado característico.

-Condicións dos espacios libres de edificación de dominio privado.

* Elaboración das memorias:

-Memoria descritiva do plan: fin do proxecto, bases de partida, solución urbanística adoptada, relación de servicios para instalar e descrición do trazado en planta.

-Ordenanzas.

-Catálogos.

* Prazos de execución do plan e período de revisión.

* Valoración do plan: distribución de cargas e beneficios.

* Revisión, corrección, encarpetado e arquivo do plan.

-Lectura secuenciada de todo o plan e elaboración dunha sinopse del.

-Corrección dos posibles erros detectados.

-Impresión dos documentos do plan e realización do número de copias necesarias.

-Pregado dos planos.

-Ordenación e encarpetado de tódolos documentos do plan.

-Arquivo da copia de seguridade informática, ou ben dos documentos orixinais.

Contidos conceptuais

Plan parcial de ordenación urbana no que interveñan estudios sobre reparcelacións, zonificación, volumes construíbles e trazados de vías e abastecementos de auga, electricidade, saneamento, gas e telefonía:

* Identificación de necesidades:

-Dependencia do plan parcial respecto do plan xeral.

-Condicionantes que afectan o desenvolvemento do plan parcial: espaciais, humanos, meteorolóxicos, ecolóxicos, tecnolóxicos, etc.

-Estimación de necesidades. Cálculos necesarios: tráfico rodado, intensidades de subministracións, volumes de evacuación, etc.

* Datos previos:

-Condicionantes técnicos, legais e económicos.

-Situación urbanística e topográfica: orientación, vexetación, orografía, etc.

-Enlaces co sistema xeral viario.

-Situación das conexións coas redes de instalacións.

-Zonas de interese ecolóxico ou de protección histórico-artística.

* Normativa aplicable:

-Plan Xeral de Ordenación Municipal.

-Normativa sobre construcción e instalacións.

-Interferencias con outras administracións: estradas, costas, montes, ambiente, augas, patrimonio, etc.

* Planificación do traballo:

-Actividades para realizar e tempos previstos.

-Necesidades humanas e materiais.

-Organización da oficina técnica.

* Análise das características do proxecto: estudios de viabilidade urbanística, técnica, económica, legal, ambiental, etc.

* Definición do proxecto:

-Urbanística: zonificación, usos, superficies, cesións urbanísticas. Reservas para dotacións

-Xestión urbanística: criterios de reparcelación de predios, volumes edificables e número máximo de vivendas.

-Rede viaria: trazado en planta dos eixes da rede viaria, curvas de enlace, seccións, dimensións, aliñacións, rasantes e pendentes.

-Infraestructuras: pontes, túneles, sumidoiros, pasos elevados e pasos a nivel.

-Instalacións de abastecemento. Normas que deben cumpri-las instalacións de auga potable, electricidade, iluminación pública, telefonía, subministración de combustible, sumidoiros.

-Elementos de obra: materiais e solucións constructivas.

* Trazado dos planos:

-Características e normas que deben cumpri-los planos. Simboloxía que se vai utilizar: criterios compositivos e de organización dos planos, escalas, acotación e rotulación.

-Contidos, criterios e normas de realización específicos dos planos de situación e localización, dos planos xerais, topográficos, de zonificación, con situación de parcelas e vías, parcelarios, de abastecementos e planos de detalle constructivo do plan.

* Tipos de memorias e documentos complementarios do plan: ordenanzas reguladoras e pregos de condicións.

* Valoración do plan. Conceptos para valorar.

Contidos actitudinais

* Metodoloxía e rigor na busca de información.

* Capacidade de observación, análise e síntese.

* Orde e correcta distribución de tempos e tarefas.

* Previsión dos medios humanos e tecnolóxicos necesarios.

* Iniciativa na resolución de problemas.

* Creatividade na achega de solucións.

* Orde, limpeza e pulcritude no trazado dos planos.

* Corrección automática dos erros detectados na correlación dos planos.

* Axeitada exposición e redacción nos documentos escritos.

* Xustificación das solucións adoptadas, segundo criterios técnicos, económicos, sociais e normativos.

* Puntualidade no cumprimento dos prazos previstos na fase de planificación do desenvolvemento do plan.

* Meticulosidade e exactitude no proceso de cálculo e medición

* Rapidez e seguridade na execución das distintas operacións.

* Ética profesional.

3.3.2. Módulo profesional 7: proxecto de urbanización:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los datos do plan parcial de partida, para relacionar e selecciona-las normas técnicas e legais, tanto municipais coma xerais, e as instruccións de obrigado cumprimento, que afecten o desenvolvemento do proxecto de urbanización proposto.

* Analiza-los datos previos, realizando os cálculos necesarios para determina-las premisas, os parámetros e os condicionantes económicos do proxecto de urbanización que se vai realizar.

* Planifica-lo desenvolvemento do proxecto de urbanización, distribuíndo o traballo e estipulando o tempo de realización e os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

* Determina-los planos necesarios para definir correctamente o proxecto, establecendo a orde e as características de cada un e fixando os datos técnicos e a información que se debe incluír en cada un, para que a súa interpretación sexa correcta.

* Establece-las partes ou os elementos do plan que precisen ser detallados, ideando a solución axeitada en cada caso, determinando as tipoloxías constructivas, materiais, formas e dimensións dos distintos elementos e executando os cálculos necesarios.

* Selecciona-lo procedemento de traballo, os sistemas de representación para empregar, os útiles de debuxo necesarios, as escalas, formatos e soportes máis axeitados para os planos que se van realizar.

* Elabora-los planos de conxunto e de detalle, anotando en cada un deles tódolos datos que estes requiran, empregando a simboloxía máis axeitada en cada caso, acotados e rotulados de forma clara e concisa, coa debida claridade e limpeza.

* Propor solucións constructivas ós problemas presentados, desde o punto de vista da súa estabilidade e viabilidade, relacionándoos cos materiais que se van empregar, a forma de executa-la obra e o seu custo.

* Encarpeta-lo proxecto, ordenando os distintos documentos que o compoñen.

Contidos (duración 290 horas)

Contidos procedementais

Proxecto de urbanización a partir do correspondente plan parcial, no que interveñan estudios sobre parcelacións, zonificación, volumes construíbles e trazados de vías e abastecementos de auga, electricidade, saneamento, gas e telefonía coas súas correspondentes acometidas:

* Identificación de necesidades:

-Análise das características do plan parcial que afectan o proxecto de urbanización proposto.

-Determinación dos servicios necesarios no proxecto de urbanización e os seus condicionantes de situación.

-Tratamento da información topográfica do proxecto. Comprobación in situ: levantamento do terreo.

* Busca de información:

-Recompilación, ordenación, clasificación, selección e interpretación da documentación necesaria para o proxecto de urbanización:

-Plan Xeral de Ordenación Urbana.

-Plan parcial correspondente.

-Lexislación urbanística de carácter xeral aplicable neste caso concreto.

-Normas tecnolóxicas.

-Normas das compañías subministradoras de servicios.

-Características e prezos de materiais aplicables no proxecto.

-Estudio de impacto ambiental.

-Elaboración dun informe con toda a información recollida.

* Planificación do traballo.

-Determinación do sistema para empregar e dos recursos necesarios para a realización material do proxecto de urbanización. Previsión do sistema de arquivo.

-Realización do organigrama para a execución material do proxecto, con previsión do número de persoas necesarias, materiais para utilizar e tempo previsto.

* Análise das características do proxecto:

-Análise das previsións do planeamento.

-Análise do anteproxecto para evitar erros nas premisas de partida.

-Comprobación do grao de cumprimento da normativa vixente na formulación previa.

-Estudio da súa viabilidade económica.

-Medidas para adoptar de cara a cumpri-las recomendacións derivadas do estudio de impacto ambiental.

* Definición do proxecto:

-Definición urbanística: definición dos cuarteiróns construíbles, determinación das zonas reservadas para espacios públicos e cálculo das transferencias.

-Definición da rede viaria:

-Análise das previsións do planeamento.

-Comprobación do estado de aliñacións do anteproxecto.

-Definición das aliñacións definitivas, coas correspondentes curvas de enlace.

-Implantación das seccións tipo para os distintos tipos de vías.

-Obtención de perfís lonxitudinais do terreo e implantación das rasantes.

-Obtención dos perfís transversais.

-Aplicación das cotas vermellas.

-Superficiación e cubicación do movemento de terras.

-Representación de detalles constructivos.

-Definición das infraestructuras necesarias:

-Análise das previsións do planeamento.

-Determinación dos lugares nos que será necesario construír pontes, túneles, sumidoiros, pasos elevados ou pasos a nivel.

-Cálculo das estructuras.

-Determinación dos materiais para empregar.

-Definición dos detalles constructivos.

-Definición das instalacións de abastecemento previstas:

-Análise das previsións do planeamento.

-Trazado das distintas canalizacións, definindo as zonas de paso e a súa simultaneidade e separación: auga potable, electricidade, iluminación pública, telefonía, gas, rede de sumidoiros, etc. utilizando a simboloxía adecuada.

-Determinación das dimensións das conduccións.

-Determinación das dimensións das gabias necesarias para tódalas redes.

-Implantación das seccións tipo.

-Solucións adoptadas no cruzamento de liñas.

-Localización das zonas óptimas para a instalación de arquetas.

-Definición das arquetas tipo para cada caso.

-Representación de detalles constructivos.

-Definición dos espacios públicos:

-Análise das previsións do planeamento.

-Organización e distribución de espacios.

-Disposición e despezamento de pavimentos.

-Organización das superficies axardinadas.

-Situación do mobiliario urbano.

-Detalles constructivos.

* Trazado dos planos:

-Determinación do procedemento e útiles de debuxo para empregar ó elabora-los planos.

-Definición do número de planos necesarios (de información e situación, de proxecto e de detalle) para definir:

-Pavimentación de calzadas, aparcamentos, beirarrúas, rede de peóns e espacios libres.

-Rede de distribución de auga potable, de rega e de hidrantes contra incendios.

-Rede de sumidoiros para evacuación de augas pluviais e residuais.

-Rede de distribución de enerxía eléctrica.

-Rede de iluminación pública.

-Xardinería no sistema de espacios libres.

-Selección do formato máis axeitado para cada un deles.

-Elección da escala para empregar en cada un.

-Realización dos planos.

* Elaboración das memorias:

-Redacción da memoria descritiva: fin do proxecto, bases de partida, solución urbanística adoptada, relación de servicios para instalar e descrición do trazado en planta.

-Redacción da memoria de calidades: recheos e compactacións, capa asfáltica, enlousado de beirarrúas e pasos, bordos, formigóns armados, xuntas de dilatación, arquetas de formigón e albanelería, redes de saneamento, abastecemento de auga potable, subministración de enerxía eléctrica, telefonía e subministración de combustible, e cruces de redes baixo a calzada.

-Redacción da memoria xustificativa do cálculo de superficies urbanísticas, largos de rúas, volumes de movemento de terras, espesores das distintas capas da sección da vía, diámetros das conduccións e dimensións das estructuras.

-Redacción do estudio de seguridade e saúde.

-Redacción do plan de control de calidade: tipo de ensaios para realizar, número e frecuencia.

* Pregos de condicións de índole técnica que recollan as condicións xeométricas, estructurais, viarias, dos materiais e das redes de servicios.

* Pregos de condicións de índole legal que recollan a actuación, contratación, seguridade e saúde.

* Pregos de condicións de índole económica que recollan o cumprimento do orzamento e a revisión de prezos.

* Pregos de condicións de índole facultativa que recollan o obxecto do contrato, a dirección, ordes, inspección, conservación, sinalización e planeamento da obra, obras defectuosas, execución das modificacións, suspensión e terminación das obras e prazo de garantía.

* Pregos de condicións de índole ecolóxica e ambiental.

* Medicións, valoracións e orzamentos:

-Realización das medicións das distintas partidas que interveñen no proxecto.

-Elaboración dos prezos descompostos das distintas unidades de obra.

-Realización do orzamento xeral.

* Revisión, corrección, encarpetado e arquivado do proxecto:

-Lectura secuenciada e sinopse de todo o proxecto.

-Corrección dos posibles erros detectados.

-Impresión dos documentos do proxecto e realización do número de copias necesarias.

-Pregado dos planos.

-Ordenación e encarpetado de tódolos documentos do proxecto

-Arquivado da copia de seguridade informática, ou ben dos documentos orixinais.

Contidos conceptuais

Proxecto de urbanización a partir do correspondente plan parcial, no que interveñan estudios sobre parcelacións, zonificación, volumes construíbles e trazados de vías e abastecementos de auga, electricidade, saneamento, gas e telefonía coas súas correspondentes acometidas

* Identificación de necesidades:

-Dependencia do proxecto de urbanización respecto do plan parcial.

-Condicionantes que afectan o desenvolvemento do proxecto: espaciais, humanos, meteorolóxicos, ecolóxicos, tecnolóxicos, etc.

-Estimación de necesidades. Cálculos necesarios: tráfico rodado, intensidades de subministrcións, volumes de evacuación, etc.

* Datos previos:

-Condicións técnicas, legais e económicas.

-Planos urbanísticos e topográficos.

-Situación. Orientación, vexetación, orografía, etc.

-Sectores, usos, superficies, alturas, número máximo de vivendas, etc.

* Busca de información:

-Normativa aplicable: plan urbanístico do que depende, normas urbanísticas, normas de construcción e instalacións, parámetros e conceptos regulados.

* Información extraída do plan:

-Espacios públicos previstos.

-Tipos e características de pavimentos, axardinamentos e mobiliario.

-Trazados viarios definidos: características, enlaces, aliñacións, radios, ángulos, tanxentes, perfís lonxitudinais do terreo e da rasante, perfís transversais, seccións tipo e pavimentos.

-Instalacións urbanas definidas: características das redes, conexións co exterior, criterios de deseño e cálculo e acometidas.

-Elementos de obra: materiais e solucións constructivas.

* Planificación do traballo: actividades para realizar e tempos previstos, necesidades humanas e materiais, organización da oficina técnica.

* Definición do proxecto:

-Urbanística. Condicións que debe cumpri-la zonificación, usos, parcelas, superficies e cesións urbanísticas.

-Rede viaria. Características que debe cumprir:

-Trazado en planta dos eixes da rede viaria. Curvas de enlace.

-Seccións tipo en función do tipo de vía.

-Perfís lonxitudinais, rasantes, pendentes e acordos.

-Perfís transversais. Acotacións. Cubicacións.

-Infraestructuras. Características que deben cumprir: pontes, túneles, sumidoiros, pasos elevados e pasos a nivel.

-Instalacións de abastecemento. Normas que deben cumpri-las instalacións de auga potable, electricidade, iluminación pública, telefonía, subministrción de combustible, sumidoiros, cálculos de subministracións, arquetas e seccións tipo baixo a calzada e beirarrúas, mesmo con simultaneidade de canalizacións

* Trazado dos planos:

-Criterios compositivos e de organización: escalas de traballo, simboloxía, acotación e rotulación

-Características e normas que deben cumpri-los planos de situación e localización, de zonificación topográficos (plantas e seccións), parcelarios, de detalle, de abastecementos, de perfís lonxitudinais e transversais, e xerais, con situación de parcelas, vías e espacios públicos.

* Tipos de memorias e documentos complementarios do proxecto.

* Medicións, valoracións e orzamento:

-Técnicas de medición das distintas partidas que interveñen no proxecto.

-Cadros de prezos de xornais, de transportes, de materiais.

Contidos actitudinais

* Metodoloxía na busca de información.

* Capacidade de observación, análise e síntese.

* Orde e correcta distribución de tempos e tarefas.

* Previsión dos medios humanos e tecnolóxicos necesarios.

* Iniciativa na resolución de problemas.

* Creatividade na achega de solucións.

* Orde e limpeza no trazado dos planos.

* Axeitada exposición e redacción nos documentos escritos.

* Meticulosidade e exactitude no proceso de cálculo e medición.

* Ética profesional.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1Analiza-lo organigrama funcional da empresa, así como os métodos de traballo empregados e os medios dispoñibles.* Prepara-los útiles e medios dispoñibles para afronta-lo traballo encomendado.

* Selecciona-los métodos de execución, en función dos medios dispoñibles.

* Interpreta-lo calendario de actividades establecido na empresa e axustarse a el.
* Analiza-lo plan de traballo, determinando os tempos de execución que corresponden a cada actividade.
* Determina-los medios humanos e materiais necesarios para a execución de cada actividade.

2Analizar e interpretar plans e proxectos urbanísticos.* Identificar tódolos documentos que compoñen o proxecto ou o plan.

* Identifica-las especificacións e a simboloxía aplicada a eles.

* Identifica-los materiais e os sistemas constructivos empregados.

3Realiza-lo levantamento topográfico dun terreo, tomando os datos coa eficacia e exactitude necesarias para a súa correcta representación gráfica.* Selecciona-los medios humanos e materiais necesarios para o levantamento que se vai realizar.

* Analiza-lo traballo que se vai realizar, organizándoo e programándoo no tempo previsto.

* Realiza-los esbozos con tódolos elementos necesarios para facilita-la toma de datos e a futura representación.
* Estaciona-los aparellos, realiza-las lecturas e anotalas convenientemente no caderno, de acordo coa numeración establecida no esbozo.
* Realiza-los cálculos necesarios, dentro das marxes de erro admisibles.
* Confecciona-los planos necesarios, a partir dos puntos calculados, coa debida precisión, e seguindo as normas correctas de representación, á escala máis axeitada.

4Representar trazados viarios.* Debuxar en planta os trazados viarios coas pendentes, larguras e radios de curvatura, segundo a normativa.

* Debuxa-los perfís lonxitudinais, con indicación do terreo e da rasante, facendo tódalas acotacións pertinentes.

* Debuxa-los perfís transversais, con indicación da sección da vía, perfil do terreo e noiros de desmonte e terraplén orixinados, coas correspondentes acotacións.

5Cubica-las obras de movemento de terras.* Determina-las superficies de desmonte e terraplén dos perfís transversais e anotalos no lugar correspondente.

* Realiza-las cubicacións parciais de desmonte e terraplén

* Determina-los volumes totais de obras de terra, tendo en conta o esponxamento e a compactación.

6Representa-las instalacións urbanas.* Predimensiona-los elementos das instalacións a partir dos esquemas establecidos no planeamento, mediante ábacos, táboas ou programas informáticos.
* Representa-los trazados segundo os datos obtidos no cálculo, tendo en conta a normativa de deseño establecida.

7Executa-lo replanteo dunha obra de edificación e dunha obra civil.* Analiza-los planos de obra, realizados ou subministrados, determinando o método de replanteo máis axeitado, e/ou rectificando os erros detectados.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Selecciona-los medios humanos e materiais máis axeitados, en función do replanteo que se vai realizar.
* Estaciona-los aparellos nos puntos preestablecidos, realizando as lecturas necesarias para sinalar sobre o terreo os puntos e as aliñacións marcadas, deixándoos perfectamente estables.

8Desenvolver partes dun plan de urbanismo, a partir da información técnica subministrada.* Reconpilar e analiza-los datos previos necesarios para determina-las premisas e os parámetros do plan ou proxecto.
* Relacionar e selecciona-la normativa técnica e legal, tanto municipal coma xeral, e as instruccións de obrigado cumprimento, que sexan de aplicación no desenvolvemento dun plan urbanístico.
* Determina-los planos necesarios para definir correctamente o proxecto, establecendo a orde e as características de cada un.
* Distribuí-lo traballo segundo os medios materiais e humanos dispoñibles e o tempo de execución previsto.
* Realiza-los cálculos necesarios, en función do traballo que se vai realizar.
* Determina-los materiais, dimensións e sistemas constructivos para empregar en cada caso.
* Realiza-los planos do plan ou proxecto urbanístico, tanto de conxunto como de detalle, correctamente acotado e coa necesaria calidade de debuxo.

9Actuar na empresa con organización, coordinación e responsabilidade. * Adoptar unha actitude de respecto ós procedementos e normas internas da empresa.

* Cumpri-las tarefas coa orde de prioridade establecida e sen excederse do tempo límite prefixado.

* Responsabilizarse en todo momento do traballo que se está a desenvolver, xustificando sempre as decisións adoptadas, e analizando a súa repercusión na empresa.
* Manter boas relacións e unha comunicación eficaz co equipo ou grupo de traballo.
* Toma-las debidas precaucións de seguridade, en función do traballo ou do medio no que se atope en cada momento concreto.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

* Debuxo técnico.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Traballos de campo e gabineteOficina de proxectos de construcciónProfesor técnico de FP

2Trazados viarios e abastecementosConstruccións civís e edificación (1)Profesor de ensino secundario

3Ordenación urbanaConstruccións civís e edificación (1)Profesor de ensino secundario

4Replanteos de obra sobre o terreoConstruccións civís e edificación (1)Profesor de ensino secundario

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

6Plans de urbanismoConstruccións civís e edificación (1)Profesor de ensino secundario

7Proxecto de urbanizaciónOficina de proxectos de construcciónProfesor técnico de FP

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Os profesores de ensino secundario da especialidade de debuxo -en posesión do título de: arquitecto, enxeñeiro de camiños, canais e portos, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas ou enxeñeiro técnico en topografía- teñen competencia docente para impartir este módulo profesional sen prexuízo da prioridade e obriga que para impartir este módulo teñen os profesores da especialidade citada na táboa.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Debuxo técnicoConstruccións civís e edificaciónProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Construccións civís e edificación-Arquitecto técnico-Enxeñeiro técnico industrial, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico de obras públicas, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico en topografía

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e Administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula técnica90 m60 m85%

Aula polivalente60 m40 m15%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Traballos de campo e gabinete.

* Trazados viarios e abastecementos.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Traballos de campo e gabinete.

* Trazados viarios e abastecementos.

* Ordenación urbana.

* Replanteos de obra.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Diplomado en máquinas navais.

* Diplomado en navegación marítima.

* Diplomado en radioelectrónica naval.

* Arquitecto técnico.

* Enxeñeiro técnico aeronáutico (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico agrícola, especialidade en: explotacións agropecuarias, hortofructicultura e xardinería, mecanización e construccións rurais.

* Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

* Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en industrias forestais.

* Enxeñeiro técnico industrial (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de minas (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico naval (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico en obras públicas (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico en topografía.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

345Traballos de campo e gabinete

240Trazados viarios e abastecementos

160Ordenación urbana

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

Horas totaisDenominación dos módulos

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

110Replanteos de obra

260Plans de urbanismo

290Proxecto de urbanización

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.