Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 20 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Montederramo 4912.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, fai saber que Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA) presentou nesta delegación, o 24 de xuño de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Montederramo número 4912, de 162 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos concellos de Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira e Chandrexa de Queixa da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 30' 00''42º 20' 00''

Vértice 27º 28' 00''42º 20' 00''

Vértice 37º 28' 00''42º 21' 00''

Vértice 47º 25' 00''42º 21' 00''

Vértice 57º 25' 00''42º 19' 00''

Vértice 67º 27' 00''42º 19' 00''

Vértice 77º 27' 00''42º 17' 00''

Vértice 87º 30' 00''42º 17' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles ante esta delegación

provincial; pasado o devandito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 20 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense