Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 20 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Tosende 4911.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, fai saber que Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA) presentou nesta delegación, o 24 de xuño de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Tosende número 4911, de 72 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos concellos de Baltar e Calvos de Randín da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 51' 00''41º 56' 00''

Vértice 27º 45' 00''41º 56' 00''

Vértice 37º 45' 00''41º 54' 40''

Vértice 47º 51' 00''41º 54' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o devandito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 20 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense