A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, fai saber que Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA) presentou nesta delegación, o 24 de xuño de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Serois número 4914, de 120 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín e Porqueira da provincia de Ourense.
A designación do terreo é a seguinte:
LonxitudeLatitude
Vértice p.p.7º 51' 00''42º 00' 00''
Vértice 27º 47' 40''42º 00' 00''
Vértice 37º 47' 40''41º 56' 00''
Vértice 47º 51' 00''41º 56' 00''
A solicitude foi admitida definitivamente salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o devandito prazo non se admitirá ningunha oposición.
Ourense, 20 de setembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense