Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/50-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L.

Enderezo social: Estrada de Santiago, Km 246-Gustei, 32100 Coles.

Denominación: Inst. Eléctrica en industria de Mecanizados Rodríguez, S.L.

Situación: parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 70 metros de lonxitude en conductor de aluminio, con orixe no C.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. sito no parque empresarial do Pereiro de Aguiar e remate no C.T. proxectado en edificio prefabricado de formigón compacto con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V dentro da parcela do peticionario. R.B.T. subterránea de 28 metros en cable de cobre con illamento en polietilenio reticulado para 0,6/1,0 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 14 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense