Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/43-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Francisco Pazos Pérez.

Enderezo social: Escornabois, 32696 Trasmiras.

Denominación: L.M.T. e C.T. de 50 kVA para granxa avícola en Rabal.

Situación: Trasmiras.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV de 1.050 metros de lonxitude en conductor LA-30, con orixe na L.M.T. existente de Escornabois a Rabal propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e remate no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA e R/T 20 kV/400-231 V situado nun poste preto da granxa e dentro dunha parcela do peticionario no pobo de Rabal (Trasmiras).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 15 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense