Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sogama, S.L.
Enderezo social: Morzos, 10-baixo, As Encrobas-Cerceda, 15187 A Coruña.
Denominación: L.M.T. e C.T.I. para miniplanta de R.S.U. na Rúa.
Situación: A Rúa.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV de 684 metros de lonxitude en conductor LA-56 con orixe na L.M.T. a C.T. de Roblido e remate no C.T. tipo intemperie da miniplanta de transferencia de residuos sólidos urbanos na Rúa con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Ourense, 14 de setembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8914