Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Udesa.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15000 Santiago de Compostela.
Denominación: L.M..T. derivación a C.T. Arousa.
Situación: Mesía.
Características técnicas: reforma L.M.T. aérea a 15/20 kV de 2.289 m de lonxitude, en conductor LA-56 e 30, que parte da L.M.T. Xanceda-Mesía e final no C.T. Arousa. Concello de Mesía.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
8913