Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/181-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T. Visantoña-Loureda.

Situación: Cesuras e Mesía.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 3.775 m de lonxitude, en conductor LA-56 e 30, que parte da L.M.T. Visantoña-Travesas e final no lugar de Barreiro. Concellos de Mesía e Cesuras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña