Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Serra de Meira para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 044-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Serra de Meira coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A. Avda. do Cruceiro, 201-A. 15705 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Riotorto, Meira, Ribeira de Piquín e Pol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(643.750, 4.792.000); V(642.250, 4.790.500)

V(642.500, 4.790.000); V(641.000, 4.789.000)

V(640.500, 4.789.000); V(640.500, 4.790.000)

V(641.000, 4.791.000); V(641.500, 4.790.500)

V(643.000, 4.792.000); V(642.500, 4.790.000)

V(642.000, 4.789.000); V(642.350, 4.789.000)

V(642.350, 4.788.000); V(643.000, 4.786.000)

V(643.250, 4.784.000); V(644.000, 4.783.000)

V(644.500, 4.782.000); V(643.500, 4.782.500)

V(643.500, 4.781.500); V(643.000, 4.782.000)

V(643.000, 4.783.000); V(642.400, 4.784.000)

V(641.700, 4.788.000); V(641.700, 4.789.000)

Superficie afectada: 1049,5 ha.

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia duran

te o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 6 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo