Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/17-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T. a 20 kV e C.T. de 160 kVA, R.B.T. en Mastontán e O Bargo.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 1.012 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 da liña que alimenta o C.T. Valadares e final no lugar de Mastontán. Centro de transformación aéreo, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Mastontán, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95, 50 e 25 mm Al e 1.050 m de lonxitude discorrendo polos lugares de Mastontán e O Bargo. Outes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 6 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña