Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (223/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 23 de setembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 8-A do SU-24 do PXOU de Ourense,

por instancia de Manuel Fernández Lamas en representación de Proinferla, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde