Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRENDA

ANUNCIO de licitación.

O Pleno do Concello, en sesión do 7-10-1999, acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expoñen xunto con este anuncio polo prazo de sete días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público. Únese extracto do dito prego de cláusulas.

Extracto do prego.

Convocatoria de concurso: contratación da obra de posta en valor e aproveitamento socio-cultural da capela de Ponte Barxas e do seu contorno.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 99-Ctr/004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: posta en valor e aproveitamento da capela de Ponte Barxas e do seu contorno.

b) Prazo de execución: seis meses.

c) Orzamento: 23.000.000 de ptas.

3. Modalidade de adxudicación: concurso público; procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do tipo de adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Padrenda.

b) Domicilio: r/ San Roque, 17.

c) Localidade: Padrenda (CP 32226).

d) Teléfono: 988 49 47 83.

e) Fax: 988 49 47 00.

f) Data límite de obtención de documentación: o décimo terceiro día natural posterior ó da inserción deste anuncio no último diario oficial no que apareza publicado (de coincidir con festivo ou sábado postergarase ó seguinte día hábil).

7. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural posterior ó da inserción deste anuncio no último diario oficial no que apareza publicado, sabendo que se insire tamén no BOP de Ourense (de coincidir con festivo ou sábado postergaríase ó seguinte día hábil), ás 14 horas.

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente do prego de condicións que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: persoalmente no rexistro xeral do concello (mesmos datos do punto 5). Non se admiten outras formas de presentación.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

8. Apertura de ofertas.

a) Apertura do sobre de documentación.

a.1) Data e lugar: seguinte día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado, realizaríase o seguinte día hábil. Sesión non pública na Casa do Concello de Padrenda.

a.2) Hora: 11.

b) Apertura do sobre de proposición económica:

b.1) Data e lugar: mesmo día da apertura do sobre de documentación. Sesión pública na Casa do Concello de Padrenda.

b.2) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Padrenda, 7 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado