Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 1999, acordou cos trece votos a favor, ningún voto en contra e seis abstencións, máis da maioría absoluta do número legal de membros, o seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín (PXOM) do polígono Lalín 2000-Centro de transportes, por instancia de Xestur, S.A. Pontevedra e redactado polo equipo con

sultor Alameda 12, S.L. As beirrarúas da zona afectada serán de dous metros.

Segundo.-Proceder a dilixencia-lo expediente, remitindo un exemplar dilixenciado do expediente e dous exemplares do instrumento de ordenación á Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, publicando o acordo no DOG e o texto íntegro das ordenanzas reguladoras no BOP de Pontevedra.

Lalín, 29 de setembro de 1999.

Camilo González Bodaño

Alcalde-presidente accidental

Recursos: indícase que contra este acordo se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Así mesmo, poderase interpoñer con carácter previo e potestativo, e no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción do presente, recurso de reposición ante o Concello Pleno; neste caso o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel no que se lle notifique a resolución expresa ou se produza a desestimación presunta (prodúcese polo transcurso dun mes desde que presente a reposición) do recurso de reposición, se é o caso, interposto; ata entón non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Poderá empregar calquera outro medio ou recurso que considere conveniente.

A Comisión de Goberno, en sesión do 28 de setembro de 1999, en virtude de delegación de competencias por resolución da alcaldía do 7 de xullo de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da 2ª fase do polígono industrial Lalín 2000, por instancia do IGVS e Xestur, S.A. Pontevedra, e redactado por Cimex, Proxectos Logísticos, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó publico o expediente durante o prazo dun mes, contado desde a inserción deste anuncio no DOG, para que durante este poida ser examinado e presenta-las alegacións ou reclamacións que se consideren convenientes.

Lalín, 30 de setembro de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado