Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 10 de setembro de 1999 pola que se lle notifica o laudo da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia do 20 de maio de 1999 á empresa Galaicagás, S.L. por ser devolto polo servicio de correos, por resultar ausente o seu destinatario.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula ponse en coñecemento da empresa Galaicagás, S.L. o laudo arbitral dictado, o día 20 de maio de 1999, polo Colexio Arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Avelino Varela Martínez contra a devandita empresa.

Empresa reclamada: Galaicagás, S.L.

Enderezo: Ítalis, 21-1º B Fuenlabrada (Madrid)

Reclamante: Avelino Varela Martínez.

Laudo:

O Colexio Arbitral, segundo o seu leal saber e entender, pronunciou o seguinte laudo en equidade:

Toda vez que a instalación tiña pasado recentemente outra revisión, non era necesaria a efectuada pola empresa reclamada e esta ademais fíxose sen te-la solicitado o reclamante, estímase a reclamación formulada por Avelino Varela Martínez debendo a empresa Galaicagás, S.L. aboar a este, a cantidade de cinco mil setencentas cincuenta (5.750) pesetas que serán remitidas ó seu domicilio mediante xiro postal ou por calquera outro medio que ámbalas dúas partes, de mutuo acordo, estimen máis conveniente.

O devandito laudo foi adoptado por unanimidade.

O prazo para o cumprimento deste laudo é de 10 días a partir da súa notificación.

Notifíquese ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe, o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe.

Dentro dos cinco días seguintes á notificación poderalle pedir ó Colexio Arbitral que corrixa calquera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclaren algún concepto escuro ou omisión do laudo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1999.

Carlos Rodríguez Montero

Secretario do Colexio Arbitral