Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de setembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/ 1992, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-81/050, conta 183 e cinco máis).

En cumprimento do disposto no artigo 1.17º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula II e IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 16 de setembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-José Ramón Cartelle García e herdeiros.

Expediente C-81/050 (desafiuzamento F.P. 25/1999).

Conta: 183.

Rúa Colón, bloque 4, P-1, baixo (Ferrol).

Importe débeda: 1.873.477 ptas.

Data de notificación: 27-7-1999 e 28-7-1999.

-José M. Mata Pego e herdeiros.

Expediente C-1-IV/1978-1 (desafiuzamento F.P. 246/1999).

Conta: 68.

R/ Emilia Pardo Bazán, bloque 45, P-34, 3º D (Ferrol).

Importe débeda: 2.108.383 ptas.

Data de notificación: 29-7-1999 e 30-7-1999.

-Jesús García Porto e herdeiros.

Expediente C-1-IV/78-1 (desafiuzamento F.P. 256/1999).

Conta: 90.

R/ Pardo Bazán, bloque 46, P-38, bajo I (Ferrol).

Importe débeda: 2.031.785 ptas.

Data de notificación: 13-9-1999 e 14-9-1999.

-Cipriana Formoso Lino e herdeiros.

Expediente C-1-IV/1978-1 (desafiuzamento F.P. 261/1999).

Conta: 107.

R/ Pardo bazán, bloque 46, P-40, 2º A (Ferrol).

Importe débeda: 2.287.619 ptas.

Data de notificación: 13-9-1999 e 14-9-1999.

-José Álvarez Barro e herdeiros.

Expediente C-1-IV/78-1 (desafiuzamento F.P. 310/1999.

Conta: 210.

R/ Pardo Bazán, bloque 47, P-56, 1º A (Ferrol).

Importe débeda: 2.241.024 ptas.

Data de notificación: 28-7-1999 e 30-7-1999.