Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de setembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-1-IV/78-1, conta 170 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968 do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 16 de setembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEX0

-José A. Serrano Couce e herdeiros.

Expediente C-1-IV/78-1 (Desafiuzamento F.P. 316/1999).

Conta: 170.

R/ Pardo Bazán, bloque 47, P-50, 1ºD (Ferrol).

Importe débeda: 487.527 ptas.

Data de notificación: 30-7-1999 e 2-8-1999.

-Manuel de la Fuente Rozadas e herdeiros.

Expediente C-1-IV/78-1 (Desafiuzamento F.P. 318/1999).

Conta: 209.

R/ Emilia Pardo Bazán, bloque 47, P-56, baixo A (Ferrol).

Importe débeda: 225.630 ptas.

Data de notificación: 28-7-1999 e 30-7-1999.