Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 1999 pola que se autoriza definitivamente o centro privado Nuevas Líneas de Ferrol, para imparti-los ciclos formativos de grao medio perruquería e estética persoal decorativa da familia profesional de imaxe persoal, así como o cambio de titularidade.

Examinado o expediente que presenta María del Carmen Montero Lourido, solicitando autorización para poder imparti-los ciclos formativos de grao medio perruquería e estética persoal decorativa da familia profesional de imaxe persoal, así como o cambio de titularidade.

Resultando que mediante escritura pública notarial, María del Carmen Montero Lourido cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Carsan Academias de Peluquerías, S.L.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, de 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 629/1995 (BOE do 21 de setembro), polo que se establece o título de técnico en perruquería, Real decreto 630/1995 (BOE do 22 de setembro), polo que

se establece o título de técnico en estética persoal decorativa, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro para poder imparti-los ciclos formativos de grao medio que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de titularidade a favor de Carsan Academias de Peluquerías, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista María del Carmen Montero Lourido, sen prexuízo das responsabilidades que poidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: Sánchez Calviño, 78-80 baixo-entrechán.

Código do centro: 15025839.

Denominación específica: Nuevas Líneas.

Titular: Carsan Academias de Peluquerías, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: imaxe persoal.

-1 ciclo formativo de grao medio perruquería (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao medio estética persoal decorativa (1 unidade para 20 alumnos).