Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 318/1999, do 29 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0005149/1996, interposto por Ramón Lago Rodríguez contra certificación de acto presunto da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 12 de marzo de 1996 recaída en recurso ordinario U-211/1995, interposto contra Resolución do 23 de novembro de 1994, da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, pola que se deu aprobación definitiva a unha disposición transitoria das normas subsidiarias do Concello de Moaña, expediente 13/1994; dictouse a sentencia 318/1999, do 29 de abril, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia número 318/1999, do 29 de abril, que a seguir se transcribe:

«Resolvemos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Ramón Lago Rodríguez, contra a desestimación por silencio administrativo interposto pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario deducido contra resolución da

Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 23 de novembro de 1994, pola que se dá aprobación definitiva a unha disposición transitoria das normas subsidiarias do Concello de Moaña contra a desestimación por silencio administrativo pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario deducido contra a resolución da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 23 de novembro de 1994, pola que se dá aprobación definitiva a unha disposición transitoria das normas subsidiarias do Concello de Moaña, anulámo-la dita resolución por ser disconforme a dereito; sen facer especial condena en costas».

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda