Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/223-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas na estrada de Peinador.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio que se vai colocar en substitución do nº 11 da L.M.T. ó C.T. Rebullón, ata o apoio existente nº 12 da mesma liña. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 380 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 8 que se vai substituír da actual L.M.T. ó C.T. Rebullón ata o apoio nº 11 que se vai substituír, da mesma liña R.B.T., aero-subterránea, de 2.415 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e R.V. Concello de Mos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Pontevedra, 30 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra