Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/165-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fariña Ferreño-Rodrigo de Mendoza.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o entroncamento na L.M.T.S nº 4 Carolinas, entre os CC.TT. Fariña Ferreño e Doutor Tourón, ata o C.T. que se proxecta na rúa Rodrigo de Mendoza, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Pontevedra, 30 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra