Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/321-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Florida B, parcela 18.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 94 m de lonxitude, desde un punto da L.M.T. Bal 718, entre os C.T. de Manuel de Castro e o de Martín Echegaray ata o punto citado para a orixe, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V, na rúa Martín Echegaray. R.B.T. subterránea, de 94 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. que se proxecta de Florida B, parcela 18.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra