Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 11.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/322-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Furriquela.

Situación: concello da Guarda.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor R.H.V., de 158 m de lonxitude, desde a L.M.T.A. Ros 813 nun apoio que se vai intercalar entre os C.T. da Pasaxe e Atsa ata o C.T. que se proxecta de Furriquela, no concello da Guarda. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V, en Furriquela. R.B.T., aérea, de 26 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra