Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/148-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello da Coruña.

Domicilio social: Praza de María Pita, nº 1, 15000 A Coruña.

Denominación: planta de coxeración, Club do Mar (San Amaro).

Situación: A Coruña.

Características técnicas: planta de coxeración eléctrica constituída por: motor-alternador modelo Guascor FGLO 360/55 alimentado con gas natural para 500 kWM para o motor e 600 kVA no alternador e unha tensión de xeración de 400 V. Centro de transformación de 630 kVA e tensións de 0,400/15-20 kV. Aparellos de protección, mando, sinalización e medida. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña