Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/202-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Seixo.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 965 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Cillobre-A Piña e final no C.T. Seixo de 50 kVA. Concello de Laracha.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no

prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles posibles alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966 de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións electricas.

A Coruña, 31 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións