Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do expediente de modificación puntual do PEEC e do seu catálogo complementario no cuarteirón número 28. (Expediente 5090/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión do día 16 de setembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do Plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos para conservar de Vigo, no cuarteirón nº 28, co contido que na memoria se especifica: modificación das aliñacións interiores do cuarteirón nº 28 catalogado como API no proxecto de urbanización e modificación das fichas dos edificios situados na rúa Policarpo Sanz nº 24-26 e Velázquez Moreno nº 18-20 para a súa rehabilitación como Centro Cultural Caixa Vigo, conforme a memoria e documentación elaborada polo arquitecto municipal adscrito á oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia de Urbanismo, de setembro de 1999, someténdoo a información pública na forma prevista no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e con notificación individual ós propietarios afectados.

Así mesmo acordou, de conformidade co artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias de parcelación, edificación e derruba nas zonas ocupadas polos edificios nº 23 da rúa do Príncipe, 24-26 da rúa Policarpo Sanz e 18-20 da rúa Velázquez Moreno.

Por medio deste anuncio sométese a información pública o devandito expediente mediante a inserción deste no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de información pública é dun mes e que se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde o último, co fin de que calquera interesado e público en xeral presenten as alegacións ou documentos que consideren convenientes. O expediente atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, Praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición do público en xeral.

De conformidade co artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado domicilio, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 27 de setembro de 1999.

Xabier Toba Girón

Vicepresidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo