Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño.

2. Obxecto do contrato: execución de subministracións necesarios para a execución por administración da obra de pavimentación de accesos ó barrio das Flores, 3ª fase, PIEL 99. Lugar de entrega: Concello do Carballiño (Ourense). Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, urxente; procedemento, aberto; forma, concurso.

4. Tipo de licitación: 3.330.824 ptas.

5. Garantías: provisional, 66.616 ptas. Definitiva, 133.232 ptas.

6. Obtención de información: Concello do Carballiño. Teléfono 988 53 00 07, 988 53 00 09. Fax 988 53 00 08. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen requisitos específicos distintos dos xerais sinalados nos pregos.

8. Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: ós 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos diarios no que deba selo (BOP ou DOG), en horario de oficina no rexistro xeral do concello, ou na forma sinalada na cláusula IX do prego de condicións. b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados «Documentación xeral» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula IX dos pregos.

9. Apertura de ofertas: na casa do concello, ás 13 horas do terceiro día seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións (se o día fose sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 22 de setembro de 1999.

O secretario

Rubricado