Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTAS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas económico-administrativas para a contratación, por concurso, do servicio de conserxería do CPI Domingo Fontán, exponse ó público polo prazo de catro días contados a partir do seguinte ó da súa publicación no BOP ou no DOG último no que se publique.

Así mesmo, anúnciase concurso público aínda que a licitación se aprazará no suposto de que se presenten reclamacións contra el.

1. Obxecto do contrato: contratación do servicio de conserxería do CPI Domingo Fontán.

2. Prezo de licitación: 1.405.000 ptas. anuais (incluído o IVE).

3. Prazo de execución: un ano, prorrogable a un máximo de catro.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13 horas. A documentación que hai que presentar é a que figura no prego de condicións.

7. Modelo de proposición: o contido no prego de cláusulas.

8. Apertura de plicas: no salón de sesións do concello, ás 13 horas do seguinte día hábil ó do remate do prazo da presentación das proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Portas, 2 de setembro de 1999.

O alcalde

Rubricado