Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (409/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Gobierno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de setembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por pedimento de Ramón Madriñán Rodríguez, en representación de Inmobiliaria del Noroeste, S.A. e estudio de detalle da zona 1 do SU 48.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante publicación no DOG e nun dos periódicos de maior circulación na provincia.

Deberá acreditarse a representación que se asegura ter ó amparo do disposto no artigo 32 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente