Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (162 e 181/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de xullo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle na Avda. de Bos Aires, zona 12 do S.U. 24. Y

2. Someter ó trámite do artigo 44.3º da Lei 1/1997.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente