Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.908

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (14/1999-1).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia da data do 27 de xullo de 1999, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 14/1999-1, por instancia de Francisco Noya Vilar, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reiniciación do tracto sucesorio interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa número trinta e tres do lugar de Roxos, parroquia de Villestro, deste municipio de Santiago de Compostela, composta de piso alto e baixo, máis unha corte de gando, hoxe derruída, ó oeste da anterior, máis un anaco de terra unido a ela polo norte e oeste, que leva co soar da casa, uns sesenta metros cadrados, a superficie de mil cincocentos oitenta e un metros cadrados, que linda pola fronte ou sur, coa estrada que de Santiago conduce a Noia, muro en medio; polas súas costas, ó norte, con horta dos herdeiros de José Villaverde, tamén muro en medio que pertence a este predio; pola súa dereita, entrando, leste, cunha casa de planta baixa e muro que divide labradío dos herdeiros de Manuel Vilouta Souto, cun muro que é propiedade de ámbalas dúas partes; e pola súa esquerda, ó oeste, coa parcela segregada.

Polo presente edicto, cítanse os herdeiros de José Nieto Valiñas e de Josefa Albardonedo Rey e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto no seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, vintesete de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado