Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para o control e vixilancia da nova ponte sobre o río Miño en Ourense.

Adxudicatario: UTE Varela-SYED S.L./ Pondio Ingenieros, S.L.

Orzamento: 25.000.000 de ptas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción da obra de reparación e ampliación da ponte na illa da Toxa.

Adxudicatario: Fhecor Ingenieros Consultores, S.A.

Orzamento: 8.558.480 ptas.

-Asistencia técnica para as expropiacións das estradas AC-141 e AC-142 Cabanas-As Pontes de García Rodríguez (Fase I). Treito: Cabanas-A Capela-Goente.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 6.750.570 ptas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción incluído cartografía da obra: variante de Marín.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 12.561.640 ptas.

-Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-212 Beariz-Beade. Treito: Avión-Corneira.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 2.008.000 ptas.

-Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-304 Xinzo-Baltar (I fase). Treito: desde o p.k. 7+980 ata o p.k. 13+480 en Baltar.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 1.570.000 ptas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluído cartografía da obra de acondicionamento da estrada LU-760, 1ª fase. Treito: N-640 Ludrio-Mosteiro.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 7.240.667 ptas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto incluído cartografía da obra de acondicionamento da estrada C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: polígono industrial de Sarria-Saa.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 11.333.084 ptas.

-Asistencia técnica para a redacción do estudio de planeamento sobre as comunicacións por estrada entre Santiago e Lugo.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 8.472.647 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda