Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.908

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos polo sistema de libre designación.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos convocado por Resolución do 22 de xullo de 1999 (DOG do 26 de agosto), para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretario xeral vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios,

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), resolve adxudicarlle o referido posto a José Luis Mínguez-Goyanes de la Rica, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, con número de rexistro persoal 3242672524 A2060.

O interesado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de setembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña