Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.908

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación, a Miguel José Rodríguez Rubio.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 30 de outubro de 1998 (BOE do 28 de novembro), para a provisión da praza número 98/065 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, departamento de Computación desta universidade, a favor de Miguel José Rodríguez Rubio, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Miguel José Rodríguez Rubio catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade.

A Coruña, 13 de setembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña