1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación, nº expediente 12587/240.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de utensilios para o movemento de volumes para o Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Unidades que hai que entregar: véxase condicións técnicas.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: tres meses a partir do 31 de marzo do ano 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 3.000.000 de ptas.
5. Garantías: provisionais: dispensada.
Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36201 Vigo, teléfono 986 81 01 48 fax: 986 81 02 40, correo electrónico: ofi. patmun*vigo.org.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do día seguinte ó que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: serán por contra dos adxudicatarios.
Vigo, 24 de setembro de 1999.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde