Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 1999, o proxecto técnico do concurso para a adquisición de 8 monolitos de

sinalización, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, exponse ó público durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión aprobouse o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán o dito concurso, o cal se expón ó público durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o correspondente concurso, aínda que este se aplazaría, de resultar necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto: contratación por concurso da adquisición de 8 monolitos de sinalización, para o municipio de Vila de Cruces.

Tipo de licitación: 8.352.000 pesetas.

Prazo de entrega: cuatro meses desde a notificación da adxudicación.

Exame do expediente: na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza: a provisional establécese en 167.040 pesetas e a definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: na secretaría municipal, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este coincidise en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterio de adxudicación: serán os fixados na cláusula XIII do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición, en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e impostos que procedan, incluídos o IVE e tódolos demais que orixine o expediente, así como os honorarios do proxecto e dirección de obra.

Vila de Cruces, 29 de xullo de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado