Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da execución das obras da primeira fase do proxecto de construcción de conservatorio de música na antiga estación de Renfe.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 3952/332.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras da primeira fase do proxecto de construcción de conservatorio de música na antiga estación de Renfe.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 126.066.055 ptas.

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48 fax: 986 81 02 40 .

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo c, subgrupo todos, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

A Comisión de Goberno o día 24-9-1999 anulou a licitación en trámite para a execución das obrras do proxecto de construcción de conservatorio de música na antiga estación de Renfe, insire no BOP do 9 de setembro e no DOG do 8 de setembro, retrotraendo as actuacións á data 25-6-1999 de aprobación do prego de condicións administrativas, suprimíndose agora a esixencia da clasificación do grupo J.

11. Gastos anuncios: serán por contra dos adxudicatarios.

Vigo, 24 de setembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde